DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 13 de abril de 2010 Páx. 5.656

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2010, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación dos estatutos da Confederación Intersindical Galega (CIG).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral se presentaron os novos estatutos da Confederación Intersindical Galega (CIG), nos cales se recollen as modificacións aprobadas no V Congreso que tivo lugar en Santiago de Compostela os días 20 e 21 de xuño de 2009.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2010.

Odilo Martiñá Rodríguez

Director xeral de Relacións Laborais

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO