DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 13 de abril de 2010 Páx. 5.656

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2010, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da comisión paritaria do convenio colectivo de ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o sector de perrucarías de donas, cabaleiros, unisex e beleza, polo que se aproba a táboa salarial para o ano 2010.

Visto o acordo subscrito o 20 de xaneiro de 2010 pola comisión paritaria do convenio colectivo de ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o sector de perrucarías de donas, cabaleiros, unisex e beleza, polo que se aproba a táboa salarial para o ano 2010, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais,

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a inscrición da dita revisión salarial no Rexistro Xeral de Convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remitir o texto orixinal ao correspondente servizo deste centro directivo.

Tercero.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2010.

Odilo Martiñá Rodríguez

Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Acta da comisión paritaria do convenio colectivo

da Comunidade Autónoma de Galicia para perrucarías

de señoras, cabaleiros, unisex e beleza de Galicia

2007-2010

En Ourense, ás 10.00 horas do día 20 de xaneiro de 2010, reúnense nos locais da CEO, sitos na praza das Damas, nº 1, a representación sindical e empresarial do convenio colectivo da Comunidade Autónoma de Galicia para perrucarías de señoras, cabaleiros, unisex e beleza, formada polas persoas que a continuación se indican:

Pola parte empresarial: a Federación de Empresarios de Perrucaría e Estética de Galicia (Fepega): Antonio Peiteado Iglesias, Camilo Sotelo Barroso. Pola parte social: por UGT: Rogelio Cibeira Fernández e Rosa Acuña.

Iniciada a sesión, adóptase o seguinte acordo:

Actualizar a táboa salarial de conformidade co establecido no artigo 22. Unha vez constatado que o IPC real de 2009 foi o 0,8%, procede aplicar ao salario esta porcentaxe incrementada no 0,50%, resultando un incremento final do 1,3% e, en consecuencia, a seguinte táboa salarial.

Ver referencia pdf "06800D005P044.PDF"