DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 07 de abril de 2010 Páx. 5.166

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2010, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo subscrito polas partes asinantes do Convenio colectivo do sector da lousa das provincias de Ourense e Lugo.

Visto o texto do acordo subscrito, con data do 19 de xaneiro de 2010, entre o representante de UGT e secretario da organización de FIA-UGT-Ourense, José Paradelo Arias, e o presidente e representante da Asociación Gallega de Pizarristas, José Luís Gómez Ruiz, asinantes do Convenio colectivo do sector da lousa das provincias de Ourense e Lugo, relativo á revisión do índice de prezos ao consumo (IPC) do ano 2009 e aplicar a revisión salarial para o ano 2010, e de conformidade co disposto no artigo 60 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), así como a teor do Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, en relación co Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores e demais normas de

xeral e pertinente aplicación, a Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a inscrición da dita revisión salarial no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remitir o texto orixinal ao correspondente servizo deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2010.

Odilo Martiñá Rodríguez

Director xeral de Relacións Laborais

Ver referencia pdf "06400D010P066.PDF"

Os salarios establecidos no grupo 5º para raxador, cortador, embalador e descargador de carros aplicaranse a aqueles traballadores que leven seis meses no desempeño do oficio, ata tal data o seu salario será o establecido para o auxiliar de oficios. Así mesmo, o salario establecido para o labrador aplicarase para aqueles traballadores que leven máis de dous anos no desepeño do oficio, xa que ata un ano o seu salario será o establecido para un cortador e dun a dous anos o seu salario será o seguinte: salario base: 30,80 euros; complemento de asistencia: 13,01 euros; e salario/mes: 1.197,21 euros.

O establecido neste punto sobre o salario leva consigo a aplicación dos respectivos grupos de cotización á Seguridade Social, en función deste.

Os traballadores menos de 17 anos e os de 17 anos terán, respectivamente, os salarios seguintes: salario base: 28,72 e 28,97 euros; complemento de asistencia: 2,47 e 3,78 euros; salario/mes: 913,47 e 948,48 euros.