DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 05 de abril de 2010 Páx. 4.886

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 26 de marzo de 2010 pola que se resolve a convocatoria de bolsas de nova adxudicación para a realización de estudos oficiais nas universidades do sistema universitario de Galicia conducentes ao título de máster universitario.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocou por Orde do 27 de novembro de 2009 (DOG do 14 de decembro), as bolsas de nova adxudicación para a realización de estudos oficiais nas universidades do sistema universitario de Galicia conducentes ao título de máster universitario.

De acordo co establecido no artigo 7 das bases da convocatoria, desde o día 26 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2010, ambos incluídos, expuxéronse as listas provisionais das solicitudes admitidas e as excluídas, e durante ese mesmo prazo podían os interesados formular reclamacións ou emendar erros e falta de documentación ante a Secretaría Xeral de Universidades.

Transcorrido ese prazo, as solicitudes admitidas foron estudadas pola comisión avaliadora nomeada na propia orde de convocatoria.

En consecuencia, de acordo co establecido nas bases da convocatoria e atendendo ao informe-proposta elevado pola citada comisión a través da Secretaría Xeral de Universidades, esta consellería

RESOLVE:

Artigo 1º

Concederlles unha bolsa de nova adxudicación para a realización de estudos oficiais nas universidades do sistema universitario de Galicia conducentes ao título de máster universitario, por un período de 6 meses comprendido entre xaneiro de 2010 e xuño de 2010, aos solicitantes das distintas áreas de coñecemento que figuran no anexo I desta orde e coa contía que se especifica.

Artigo 2º

Establecer, no anexo II, unha relación de bolseiros suplentes por orde de prelación nas áreas de ciencias experimentais, ciencias da saúde, ensinanzas técnicas, ciencias sociais e xurídicas, e humanidades para cubrir as renuncias que se produzan en cada unha delas.

Artigo 3º

Os solicitantes que figuran no anexo III deberán considerar desestimada a súa solicitude polas causas que nel se especifican.

Artigo 4º

Os beneficiarios están obrigados a cumprir as normas establecidas na orde da convocatoria, e a súa concesión queda, así mesmo, condicionada ao cumprimento dos requisitos establecidos nela.

Artigo 5º

O aboamento das bolsas efectuarase trimestralmente. O último pagamento farase efectivo unha vez presentada, antes do 30 de xullo de 2010, a documentación a que fai referencia o artigo 12 das bases da convocatoria.

Artigo 6º

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2010.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Ver referencia pdf "06200D004P010.PDF"

Ver referencia pdf "06200D005P013.PDF"