DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 05 de abril de 2010 Páx. 4.885

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 16 de marzo de 2010, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establece e se regula o programa de Escolas abertas presenciais 2010 destinadas ás comunidades galegas no exterior.

Advertido erros na resolución antes referida, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 55, do 23 de marzo de 2010, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 3.970, no anexo I, artigo 8, 1. Formación (nivel intermedio), onde di: «En caso de renuncia, por causas debidamente xustificadas, da persoa proposta como titular pola entidade solicitante, procederase á valoración da persoa proposta como suplente. Neste caso a persoa proposta como suplente deberá achegar a documentación recollida nas letras d), e) ou f) de ser o caso, g) e h) do artigo 5.1º ...»; debe dicir: «En caso de renuncia, por causas debidamente xustificadas, da persoa proposta como titular pola entidade solicitante, procederase á valoración da persoa proposta como suplente. Neste caso a persoa proposta como suplente deberá achegar a documentación recollida nos apartados d), e) ou f) de ser o caso, g) e h) do artigo 7.1º ...».

Na páxina 3.970, no anexo I, artigo 8, 2. Especialización (nivel avanzado), onde di: «En caso de renuncia, por causas debidamente xustificadas, da persoa proposta como titular pola entidade solicitante, procederase á valoración da persoa proposta como suplente. Neste caso a persoa proposta como suplente deberá achegar a documentación recollida nas letras d), e) ou f) segundo o obradoiro solicitado, g) e h) do artigo 5.2º ...»; debe dicir: «En caso de renuncia, por causas debidamente xustificadas, da persoa proposta como titular pola entidade solicitante, procederase á valoración da persoa proposta como suplente. Neste caso a persoa proposta como suplente deberá achegar a documentación recollida nas letras d), e) ou f) segundo o obradoiro solicitado, g) e h) do artigo 7.2º ...».