DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 31 de marzo de 2010 Páx. 4.876

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO PARA A PROMOCIÓN E O EQUIPAMENTO DO SOLO INDUSTRIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA (IPESPO)

ANUNCIO.

O Consello Rector do Instituto para a Promoción e o Equipamento do Solo Industrial da provincia de Pontevedra, Ipespo, en sesión celebrada o día 17 de marzo de 2010, aprobou o expediente para a contratación, por procedemento aberto, mediante concesión, da xestión indirecta do servizo de tratamento de residuos industriais non perigosos na plataforma loxística inversa do polígono industrial de Sete Pías, no termo municipal de Cambados, polo que se fai a seguinte convocatoria:

1. Obxecto e tipo de licitación.

A contratación da concesión da xestión indirecta do servizo de tratamento de residuos industriais non perigosos na plataforma loxística inversa do polígono industrial Sete Pías, no termo municipal de Cambados. O procedemento de adxudicación do contrato será aberto, no cal poderá presentarse calquera interesado que cumpra os requisitos establecidos no prego. O prezo do contrato será o do investimento mínimo inicial, cun total de 939.854,04 €, IVE incluído.

2. Garantías.

Para concorrer ao presente concurso o licitador deberá acreditar ante o Ipespo a constitución previa dunha garantía provisional do 2% do prezo do contrato.

Poderá constituirse obrigatoriamente na Caixa do Ipesco por calquera das formas previstas no artigo 84 da Lei 30/2007, debendo depositarse na forma establecida no artigo 91.3º da LCSP. En canto á devolución, observarase o disposto nos parágrafos 4 e 5 do citado precepto.

O adxudicatario provisional do contrato está obrigado a constituír a favor do Concello de Cambados unha garantía definitiva polo importe do 5% do prezo do contrato definitivo, podendo presentarse en calquera das formas previstas no artigo 84 da LCSP, a cal deberá acreditarse no prazo de 15 días hábiles previstos no artigo 135.4º da citada lei.

3. Prazo de presentación de proposicións.

As ofertas presentaranse nas dependencias do Ipespo durante os 40 días naturais seguintes ao da publicación do anuncio no BOP de Pontevedra durante o seguinte horario: das 9.00 ás 13.00 horas.

No caso de que sexa necesaria aclaración ou rectificación do anuncio, deberá publicarse igualmente no BOP de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia. Neste caso, o prazo para a licitación comezará a contarse a partir da publicación do novo anuncio.

Para o caso de que o último día de presentación coincida en sábado, domingo ou festivo, o citado prazo entenderase que finaliza o primeiro día hábil seguinte.

4. Cualificación da documentación e apertura de proposicións.

A mesa de contratación examinará e cualificará formalmente a documentación contida no sobre A, a que se refire o artigo 130 da LCSP, polo menos cun día de anticipación a apertura das proposicións, de acordo cos artigos 81 e 82 do RGCAP.

Unha vez realizadas as actuacións anteriores, terá lugar ás 10.00 horas do quinto día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación de proposicións o acto público de apertura do sobre B, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fómulas.

Unha vez avaliada esta documentación técnica, sinalarase no perfil do contratante (Deputación/Ipespo) a data e a hora en que se procederá á apertura do sobre C, documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas.

5. Información.

O prego de cláusulas económico-administrativas e de prescricións técnicas particulares e demais documentación está a disposición dos interesados no Ipespo, Centro Provincial de Asesoramento Municipal, CPAM, da Deputación de Pontevedra, avda. Montero Ríos, s/n, CP 36071, tel. 986 80 41 10; tamén poderán consultarse na páxina web da Deputación www.depontevedra.es (Ipespo).

Pontevedra, 17 de marzo de 2010.

José Juan Durán Hermida Carlos Cuadrado Romay

Presidente executivo do Ipesco Secretario do Ipesco