DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 31 de marzo de 2010 Páx. 4.875

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

EXPOSICIÓN pública da solicitude de licenza de actividade suxeita a avaliación de incidencia ambiental.

Talleres Acesán, S.L. solicitou deste concello licenza municipal de actividade para taller de caldeiraría e tratamentos superficiais: pintura, chorreado e metalizado que se situará no polígono industrial de Pena Porreira, parcela A9-1. Cumprindo co disposto no punto 3º do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles contados desde o seguinte ao da inserción deste anuncio no BOP ou DOG, co fin de que poida examinarse o expediente no negociado de licenzas de actividades deste concello e formularse por escrito as reclamacións e/ou observacións que se consideren oportunas.

As Pontes de García Rodríguez, 15 de marzo de 2010.

Marcelino Pena Franco

Concelleiro delegado