DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 31 de marzo de 2010 Páx. 4.875

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE COTOBADE

ANUNCIO de corrección de erros da obra de reforma da cuberta, o pavimento e os vestiarios do pavillón de Carballedo, financiada polo Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local do Goberno de España.

Por Resolución do 11 de marzo de 2010 aprobouse o expediente de contratación mediante procedemento aberto e varios criterios de valoración, incluído o prego de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas para a contratación da obra de reforma da cuberta, pavimento e vestiarios do pavillón de Carballedo, financiada polo Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local do Goberno de España (R.D. lei 13/2009).

Publicado o anuncio da licitación da obra no Diario Oficial de Galicia nº 55, do 23 de marzo de 2010, pendente a súa publicación no BOP de Pontevedra, detectouse un erro na cláusula XVII, base 6 da licitación, do prego de cláusulas administrativas, referido aos criterios de valoración. En virtude do artigo 105 da Lei 30/1992, corríxese este erro mediante resolución da alcaldía do 25 de marzo de 2010, que corrixe o prego que rexe esta contratación, publícase de novo, e ábrese un novo prazo de 13 días naturais desde o día seguinte da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG para a presentación de ofertas.

Cotobade, 25 de marzo de 2010.

Manoel Loureiro Adán

Alcalde