DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 31 de marzo de 2010 Páx. 4.874

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO de apertura sometida a avaliación ambiental.

Ao abeiro do artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días a seguinte actividade:

Expediente: 40/2009.

Actividade: carpintaría metálica de aluminio e PVC.

Situación: Polígono Industrial de Bértoa, parcela A-2, Carballo.

Solicitante: Ventanorte, S.L., representada por José Manuel Negreira García.

A información pública será mediante un anuncio no Diario Oficial de Galicia, no BOP e exposición no taboleiro de anuncios do concello.

A apertura do trámite de información pública notificarase persoalmente aos veciños e titulares de dereitos inmediatos ao lugar da localización proposta, para os efectos de que poidan alegar o que consideren oportuno.

Carballo, 26 de febreiro de 2010.

Evencio Ferrero Rodríguez

Alcalde