DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 31 de marzo de 2010 Páx. 4.860

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2010 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto e trámite ordinario, da contratación dun servizo suxeito a regulación harmonizada consistente na limpeza e mantemento da sede territorial deste instituto en Pontevedra. (Expediente IGVS01-10).

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo consistente na limpeza e mantemento da sede territorial do IGVS en Pontevedra.

b) Prazo de execución: 2 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: cento cincuenta e oito mil seiscentos trinta e nove euros con cincuenta e dous céntimos (158.639,52), IVE excluído.

b) IVE (16%): 25.382,32 €.

c) Importe total: cento oitenta e catro mil vinte e un euros con oitenta e catro céntimos(184.021,84 €).

5. Garantías.

a) Provisional: 3% do orzamento do contrato, IVE excluído (4.759,19 €).

b) Definitiva: 5 % do orzamento de adjudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo U; subgrupo 1; categoría A.

Grupo O; subgrupo 1; categoría A.

7. Obtención de documentación.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas polos que se rexerá a contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións no Servizo de Contratación, na sede central do Instituto Galego da Vivenda e Solo (polígono das Fontiñas. Área Central, s/n, Santiago de Compostela), e consultarse na páxina da internet www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=13.581.

Tamén no perfil do contratante: http://igvs.xunta.es/web/igvs/329.

8. Presentación das ofertas.

As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no rexistro da sede dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), antes das 14.00 horas do 21 de abril de 2010.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (nº 981 54 16 00) no mesmo día.

9. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

10. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura do sobre B (documentación relativa a criterios non avaliables de forma automática) terá lugar no salón de actos da sede dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, ás dez (10.00) horas, nun prazo non superior a 7 días contados desde a apertura da documentación administrativa, que será anunciada no perfil do contratante.

O acto público de apertura do sobre C (documentación relativa a criterios avaliables de forma automática) terá lugar no salón de actos da sede dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, ás dez (10.00) horas da data que será anunciada, con tres días hábiles de anticipación a súa realización, no perfil do contratante.

11. Gasto do anuncio.

O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do presente anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 1 de marzo de 2010.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2010.

P.D. (Resolución 14-5-2009)

Antonio José Boné Pina

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo