DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 31 de marzo de 2010 Páx. 4.859

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PORTOS DE GALICIA

CÉDULA do 26 de marzo de 2010 pola que se notifica resolución de procedemento administrativo sancionador do expediente 13-30-09-04.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro) modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 112, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, a resolución do procedemento administrativo sancionador por infracción da Lei 27/1992, do 24 de novembro (BOE nº 283, do 25 de novembro) de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado por Orde Ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación a través do servizo de correos.

O órgano competente para a resolución do expediente, de acordo coa tipificación e contía da sanción, e, en virtude do disposto no artigo 39.1º b) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo (DOG nº 146, do 1 de agosto), é o presidente do Consello de Adminsitración.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa e é executiva, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, perante, a elección do interesado, o Xulgado do Contencioso-Administrativo correspondente á circunscrición onde teña aquel o seu domicilio, ou o Xulgado do Contencioso-Administrativo que corresponda de Santiago de Compostela.

Non obstante, o interesado poderá optar por interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta presidencia no prazo dun mes contado desde a mesma data antes sinalada.

O importe da multa poderá facerse efectivo en período voluntario dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria (BOE nº 302, do 18 de decembro), mediante impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia. De non efectuarse o ingreso no devandito prazo, procederase á súa exacción por vía executiva.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2010.

P.A.

José Ignacio Villar García

Director de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente: Sanc. 13-30-09-04.

Denunciante: celador do porto.

Denunciado: Luis Alberto Castro González.

Último enderezo coñecido: rúa do Porto, 32, 36780 A Guarda (Pontevedra).

Feito denunciado: instalación de terraza sen autorización.

Data: 18-7-2009.

Porto: A Guarda (Pontevedra).

Precepto infrinxido: artigo 114.1º a) e 114.2º d) da Lei 27/1992.

Anexo 3 da Lei 6/2003. Artigos 58 e 60 da O.M. do 12-6-1976.

Precepto sancionador: artigo 120 da Lei 27/1992.

Sanción proposta: 602,51 €.