DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 31 de marzo de 2010 Páx. 4.857

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2010 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, tramitación ordinaria, para a adxudicación dos contratos non suxeitos a regulación harmonizada de execución das obras que se citan. (Expediente CO-12-12-10-01 e dous máis).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa os expedientes: Área de Infraestruturas.

c) Dependencia que tramita os expedientes: División de Contratación.

2. Obxecto dos contratos.

a) Descrición do obxecto: edificio para deportes náuticos en Betanzos (A Coruña).

-Clave do expediente: CO-12-12-10-01.

-Lugar de execución: Betanzos (A Coruña).

-Orzamento base de licitación: seiscentos cincuenta e dous mil trescentos corenta e sete euros con quince céntimos (652.347,15 €), IVE excluído.

-Importe do IVE (16%): 104.375,54 euros.

-Prazo de execución: dez (10) meses.

-Clasificación: C-d.

-División por lotes: non hai.

b) Descrición do obxecto: edificio de actividades náutico-deportivas en Pontedeume (A Coruña).

-Clave do expediente: CO-12-10-10-01.

-Lugar de execución: Pontedeume.

-Orzamento base de licitación: seiscentos corenta e sete mil seiscentos oitenta e sete euros con vinte e cinco céntimos (647.687,25 €), IVE excluído.

-Importe do IVE (16%): 103.629,96 euros.

-Prazo de execución: nove (9) meses.

-Clasificación: C-d.

-División por lotes: non hai.

c) Descrición do obxecto: ampliación do peirao de Corme (A Coruña).

-Clave do expediente: CO-12-23-10-01.

-Lugar de execución: Corme.

-Orzamento base de licitación: un millón novecentos oitenta e seis mil noventa e un euros con setenta e oito céntimos (1.986.091,78 €), IVE excluído.

-Importe do IVE (16%): 317.774,68 euros.

-Prazo de execución: catorce (14) meses.

-Clasificación: F-3-e.

-División por lotes: non hai.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración (multicriterio).

4. Garantías:

a) Provisionais: non se exixen.

b) Definitivas: 5% do orzamento de adxudicación, IVE excluído.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

-Enderezo: Praza de Europa, nº 10-A, 4º.

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

-Teléfono: 981 54 53 05.

b) Perfil de contratante na web: os pregos e os cadros de características de cada contrato poderanse obter nos seguintes enderezos da internet:

-http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=13687.

-http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=13688.

-http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=13689.

c) A documentación técnica (proxectos), o prego tipo de cláusulas administrativas particulares e os cadros de características dos contratos tamén se poderán obter en:

-Copy Nino; rúa Feáns, 19, Santiago de Compostela. Teléfono: 981 58 89 38.

-Copy Estudio; rúa Nova de Abaixo, 19-20 (galerías), Santiago de Compostela. Teléfono: 981 59 33 85.

-http://www.portosdegalicia.es.

A data límite de obtención de documentación e información coincide coa data límite de presentación de ofertas, establecida no apartado 7.a) do presente anuncio.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: a exixida no punto 2 anterior.

b) Outros requisitos: ademais da clasificación e de acordo co esixido na cláusula 3.3.3 do PCAP, os licitadores deben de comprometer na súa proposta un equipo mínimo de traballo coas características especificadas no apartado 8º da cláusula 3.5.1-I.A) do PCAP.

7. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do vixésimo sexto (26º) día natural seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo o prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado na cláusula 3.5 do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar da presentación:

As proposicións presentaranse, en tres (3) sobres pechados, no Rexistro xeral do ente público Portos de Galicia, sito na praza de Europa, 5-A, 6º, de Santiago de Compostela, 15707 (teléfono: 902 40 08 70; fax: 981 54 53 24), segundo se especifica no punto 3.4 do prego tipo de cláusulas administrativas particulares, ou envialas por correo certificado dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 80.4º do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

d) Prazo durante o que o licitador se obriga a manter a súa oferta: dous (2) meses dende a apertura das proposicións, en virtude do disposto nos apartados 2 e 4 do artigo 145 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

e) Criterios de adxudicación: a oferta economicamente máis vantaxosa determinarase en virtude da aplicación dos criterios establecidos na cláusula 3.6.2 do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

f) Admisión de variantes: observarase o disposto no prego tipo de cláusulas administrativas particulares e no número 7 dos correspondentes cadros de características de cada contrato, para cada un dos procedementos descritos no punto 2 anterior.

8. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas do ente público Portos de Galicia.

b) Enderezo: Praza de Europa, nº 10-A, 4º. (Área Central).

c) Localidade: 15707, Santiago de Compostela.

d) Data de apertura: a apertura pública das ofertas (sobre B) levarase a cabo o décimo segundo (12º) día natural seguinte ao do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

No acto público de apertura do sobre B, a mesa fixará e dará publicidade á data, lugar e hora na que se procederá á apertura do sobre C.

e) Hora: 9.00 horas.

Se por algún motivo houbese que modificar a data de realización do acto público de apertura das proposicións reflectirase a nova data no perfil de contratante: (http://www.contratosdegalicia.es).

9. Outras informacións: a mesa de contratación, en cumprimento do disposto na cláusula 3.6.1.b) do prego tipo de cláusulas administrativas particulares, comprobará en acto previo a documentación do sobre A e publicará no perfil de contratante e no taboleiro de anuncios dos Servizos Centrais de Portos de Galicia o resultado da apertura, para que se emenden, se é o caso, e dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na dita documentación.

10. Gastos dos anuncios: os gastos que deriven da publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2010.

José Manuel Álvarez-Campana Gallo

Presidente de Portos de Galicia