DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 31 de marzo de 2010 Páx. 4.856

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MAR

ORDE do 20 de xaneiro de 2010 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión da batea J.R. II.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea J.R. II e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro.-Mediante escrito, con data do 20-11-2009, Elisa Muñiz Paz, en representación da comunidade de herdeiros de Cándido Bermúdez Alcalde, solicitou autorización para a transmisión da concesión da batea J.R. II.

Segundo.-A interesada achegou a documentación requerida para a tramitación.

Terceiro.-Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servizo Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 25 de novembro de 2009 de delegación de competencias no secretario xeral, nos directores xerais, nos xefes territoriais da Consellería do Mar e no presidente do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segundo.-O expediente seguíu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Juan Manuel Rebollido Lorenzo (52453725-V), Elisa Muñiz Paz (52454984-B), Mª Elisa Bermúdez Muñiz (33254089-E), Rosa Mª Bermúdez Muñiz (33254088-K), Roberto Bermúdez Muñiz (52451903-N), Rita Bermúdez Muñiz (76777233-J), Mª José Bermúdez Muñiz (76777234-Z) e Cándido Bermúdez Muñiz (76967366-M), da concesión que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: J.R. II.

Situación:

Cuadrícula nº: 183.

Polígono: A.

Distrito: Vilagarcía (Pontevedra)

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 28-11-1978.

Remate da vixencia: 30-1-2019.

Actuais titulares: Juan Manuel Rebollido Lorenzo (52453725-V), Elisa Muñiz Paz (52454984-B) e Cándido Bermúdez Alcalde.

Novos titulares: Juan Manuel Rebollido Lorenzo (52453725-V), Elisa Muñiz Paz (52454984-B), Mª Elisa Bermúdez Muñiz (33254089-E), Rosa Mª Bermúdez Muñiz (33254088-K), Roberto Bermúdez Muñiz (52451903-N), Rita Bermúdez Muñiz (76777233-J), Mª José Bermúdez Muñiz (76777234-Z) e Cándido Bermúdez Muñiz (76967366-M).

Os novos titulares da concesión subróganse nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 20 de xaneiro de 2010.

P.D. (Orde 25-11-2009;

DOG nº 235, do 1 de decembro)

Sonia Lorenzo Santos

Xefa territorial de Vigo