DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 31 de marzo de 2010 Páx. 4.854

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ANUNCIO do 8 de marzo de 2010, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente INC-CO-0213-2009 BIO e catro máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo do Departamento Territorial do Medio Rural, sita na praza de Luís Seoane s/n; edificio administrativo Monelos 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte.

A Coruña, 8 de marzo de 2010.

Enrique Luis de Salvador Sánchez

Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: INC-CO-0213-2009 BIO.

Denunciado: José Porto Varela.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Expediente: INC-CO-0214-2009 BIO.

Denunciado: José Porto Varela.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Expediente: INC-CO-0221-2009 LSA.

Denunciado: Román Pablo Cenalmor Balarí.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Expediente: INC-CO-0225-2009 LSA.

Denunciado: Indalecio Cruz Güeto.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Expediente: INC-CO-0240-2009 BIO.

Denunciada: Mª José Fontenla Mosquera.

Acto de notificación: acordo de inicio.