DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 31 de marzo de 2010 Páx. 4.853

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ANUNCIO do 26 de febreiro de 2010, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se inicia o procedemento para a baixa no Rexistro Provincial de Explotacións, da explotación avícola de rexistro CEA 360170406001 e outro máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, comunícase a iniciación do procedemento para a baixa no rexistro provincial de explotacións avícolas.

Para os efectos de que formulen as alegacións que coiden oportunas, antes de proceder a ditar resolución de baixa, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para a presentación de alegacións no prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ao da publicación desde anuncio, no Servizo de Gandaría do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural, con enderezo na avda. Fernández Ladreda, 43-2º andar, Campolongo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 26 de febreiro de 2010.

Gerardo Zugasti Enrique

Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Titular: Andrés Almazán Nodar.

Nº de rexistro explotación: CEA 360170406001.

Último enderezo: Godoi-Santeles-A Estrada.

Expediente: PO-085.

Motivo da publicación: descoñecido.

Titular: José Santo.

Nº de rexistro explotación: non consta.

Último enderezo: San Miguel de Castro-A Estrada.

Expediente: PO-100.

Motivo da publicación: descoñecido.