DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 31 de marzo de 2010 Páx. 4.852

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

EDICTO do 2 de marzo de 2010, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación dos montes Garabulla e outros, solicitados a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Guillán, do concello de Vilagarcía de Arousa, e se abre un período dun mes para a práctica de alegacións.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 26 de novembro de 2009, acordou iniciar os trámites para a clasificación, como veciñal en man común, dos seguintes montes:

Concello: Vilagarcía de Arousa.

Parroquia: parroquia de Guillán.

-Nome do monte: Garabulla, parcela 1.

Cabida: 6.324,8 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte: polígono 19, parcela 424, Luis Fresco Miguens.

Sur: polígono 19, parcela 520, propiedad: descoñecido.

Leste: polígono 19, parcela 9012, estrada.

Parcela 540, Antonio Rodríguez López.

Oeste: polígono 19, parcela 9010, estrada.

Parcela 424 Luis Fresco Miguens.

-Nome do monte: Raposeira, parcela 2.

Cabida: 986,5 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte: polígono 18, parcela 544, Ángela Cubreiro Rodríguez.

Sur: polígono 18, parcela 281, propiedade: descoñecido.

Leste: polígono 15, parcela 9001, estrada de Guillán ao Xiabre.

Oeste: polígono 18, parcela 283, Luis Recuna Barcala.

Parcela 565, Jorge Baliña Sabucedo.

Parcela 281, propiedade descoñecido.

-Nome do monte: Raposeira, parcela 3.

Cabida: 0.26 ha.

Estremas:

Norte: polígono 18, parcela 281, propiedade descoñecido.

Parcela 556, Teresa Porto Díaz.

Sur: polígono 18, camiño público asfaltado do concello.

Leste: polígono 15, parcela 9018, estrada ao Xiabre.

Oeste: polígono 18, parcela 557, Teresa Porto Díaz.

Parcela 556, Teresa Porto Díaz.

-Nome do monte: Brasal, parcela 4.

Cabida: 13.219,93 m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte: polígono 15, parcela 9001, estrada ao Xiabre.

Parcela 120, Juan Vázquez Rubianes.

Parcela 121, Juan Vázquez Rubianes.

Sur: polígono 15, parcela 9014, estrada.

Leste: polígono 15, parcela 83, Manuel Millán Fresco.

Parcela 9018, estrada.

Parcela 9014, estrada.

Oeste: polígono 15, parcela 9018, estrada.

Parcela 9001 estrada.

O que se pon en coñecemento de todos os interesados, para efectos de abrir un período dun mes de duración para examinaren o expediente e aduciren durante este tempo o que se coide procedente en relación cos montes de referencia, así como presentaren cantas alegacións documentos ou informacións consideren convenientes e, se for o caso, proporen proba concretando os medios de que pretendan valerse, de conformidade co disposto no artigo 11 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución desa lei.

Pontevedra, 2 de marzo de 2010.

P.A.

Lorena Peiteado Pérez

Instrutora