DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 31 de marzo de 2010 Páx. 4.846

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

EDICTO do 1 de marzo de 2010, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, sobre resolución do expediente de clasificación do monte denominado Pedrafita e outros (antes Vilachán e outros) solicitado a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Tomiño, do concello de Tomiño.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, faise constar que:

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, ditou a seguinte resolución:

Asistentes:

Presidente: Gerardo Zugasti Enrique.

Vogais:

Enrique Martínez Chamorro (xefe do Servizo de Montes).

Víctor Abelleira Argibay (representante colexio de avogados da provincia).

X. Carlos Morgade Martínez (representante das CMVMC da provincia).

Vogais representantes da CMVM de Tomiño:

Enrique Antonio Gandara Gómez.

Isabel Moure Alonso.

Secretaria: Ana Belén Fernández Dopazo.

Na cidade de Pontevedra, ás 17.30 horas do día 22-2-2010, coa asistencia das persoas á marxe indicadas, reúnese na 2ª planta do Edificio Administrativo sito no nº 43 da rúa Fernández Ladreda o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra co obxecto de decidir, entre outros asuntos, sobre a resolución do expediente de clasificación do monte denominado Pedrafita e outros solicitado pola CMVMC de Tomiño, do concello de Tomiño.

Antecedentes de feito:

Primeiro.-Con data de entrada 4-4-2008, Manuel Enrique Gándara Gómez, na súa condición de presidente da CMVMC de Tomiño, do concello de Tomiño, e en representación dela, presenta solicitude de iniciación de expediente de clasificación do monte denominado Vilachán e outros -agora Pedrafita e outros-, como veciñal en man común en prol dos veciños da CMVMC de Tomiño, parroquia de Tomiño (concello de Tomiño), xuntando informe técnico e pericial, e coa descrición do monte, identificación, superficie, ocupacións e estremas.

Segundo.-O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común acordou, na súa sesión de 27/02/09, incoar o correspondente expediente de clasificación do devandito monte en prol da CMVMC de Tomiño, do concello de Tomiño.

Terceiro.-O rexistrador da propiedade de Tui certifica con data do 18-8-2009, que os montes solicitados non aparecen inscritos a nome de persoa ningunha.

Cuarto.-Á vista da documentación presentada polo solicitante e o informe do Servizo de Montes, o monte obxecto deste expediente obedece á seguinte descrición:

Concello: Tomiño.

Parroquia: Tomiño.

Nome do monte: Pedra do Couto ou Cisco.

Cabida: 2,2021 ha (superficie alegada na solicitude).

Estramas:

Polígono 66 , parcela 1.163.

Norte: polígono 66, parcela 9.002, camiño.

Polígono 66, parcela 343, Estévez Rodríguez, José.

Polígono 66, parcela 344, Otero González, Mario.

Polígono 66, parcela 346, Domínguez Pousa, Clara.

Polígono 66, parcela 347, Carrera Alonso, Santiago.

Polígono 66, parcela 1.148, Domínguez Domínguez, Digna.

Polígono 66, parcela 1.152, descoñecido.

Leste: polígono 66, parcela 9.002, camiño.

Sur:

Polígono 66, parcela 33, Martínez Domínguez, Manuel Roberto.

Polígono 66, parcela 34, Casaleiro Pereira, Raúl.

Polígono 66, parcela 35, Martínez Domínguez, Manuel Roberto.

Polígono 66, parcela 38, Martínez Domínguez, Manuel Roberto.

Polígono 66, parcela 39, González Tato, Ana Cruz.

Polígono 66, parcela 41, Martínez Domínguez, Manuel Roberto.

Polígono 66, parcela 48, Martínez Domínguez, Manuel Roberto.

Polígono 66, parcela 49, González Tato, Ana Cruz.

Polígono 66, parcela 50, Silva Fernández , Ramón da.

Polígono 66, parcela 51, Pousa Rodríguez, Leonardo.

Polígono 66, parcela 52, Moure Pérez, Ramiro.

Polígono 66, parcela 53, Martínez Domínguez, Manuel Roberto.

Polígono 66, parcela 54, Martínez Domínguez, Manuel Roberto.

Polígono 66, parcela 59, Silva Torres, Manuel da.

Polígono 66, parcela 60, Martínez Domínguez, Manuel Roberto.

Polígono 66, parcela 61, González Tato, Ana Cruz.

Polígono 66, parcela 62, Martínez Domínguez, Manuel Roberto.

Oeste:

Polígono 66, parcela 9.013, camiño.

Polígono 66, parcela 348, Xunta MVMC de Tomiño.

Polígono 66, parcela 349, Outeiral Carreiro, Rosario.

Polígono 66, parcela 1165, Martínez Domínguez, Manuel Roberto.

Nome do monte: Pedrafita.

Cabida: 4,3814 ha (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Polígono 27, parcela 369.

Norte:

Polígono 27, parcela 392, Fernández Barreiro, Manuel.

Leste:

Polígono 27, parcela 354, Álvarez Pazos, María del Carmen.

Polígono 27, parcela 365, Calzado Puente, María Esperanza.

Polígono 27, parcela 368, Álvarez Puente, Fernando.

Polígono 27, parcela 370, López Rodríguez, Josefina.

Polígono 27, parcela 372, Álvarez Álvarez, Victoriano.

Polígono 27, parcela 373, Magán Álvarez, María Nelly.

Polígono 27, parcela 5.002, descoñecido.

Sur:

Polígono 27, parcela 393, Domínguez Núñez, Celso.

Polígono 27, parcela 9.006, camiño.

Polígono 53, parcela 54, Portas Fernández, Adelio.

Polígono 53, parcela 55, Berísima Claro, América.

Polígono 53, parcela 58, Portas Fernández, Adelio.

Polígono 53, parcela 60, Núñez Pazos, Clementina.

Polígono 53, parcela 61, Fernández Vázquez, Eladio.

Polígono 53, parcela 64, Núñez Pazos, Sara.

Oeste:

Polígono 27, parcela 9006, camiño.

Polígono 27, parcela 5.001, descoñecido.

Polígono 27, parcela 5.003, Xunta MVMC de Barrantes.

Polígono 53, parcela 49, Portas Fernández, Adelio.

Polígono 53, parcela 50, Portas Fernández, Adelio.

Monte: San Bieito.

Cabida: 1.2147 ha (superficie alegada na solicitude).

Polígono 68, parcela 13.

Norte :

Polígono 68, parcela 12, Campo de fútbol do Alivio-Concello de Tomiño.

Leste:

Polígono, parcela, camiño.

Sur:

Polígono, parcela, camiño.

Oeste:

Polígono 68, parcela 3, Concello de Tomiño.

Polígono 68, parcela 4, González Pérez, Celso.

Polígono 68, parcela 5, Álvarez Pouso, María del Pilar.

Polígono 68, parcela 7, Álvarez Lagrangeira, Joaquín.

Polígono 68, parcela 4.001, Gómez González, José María.

Monte: San Bieito.

Cabida: 1,2147 ha (superficie alegada na solicitude).

Polígono 68, parcela 12 a.

Norte:

Polígono 68, parcela 41, Veloso Álvarez, José.

Leste:

Polígono, parcela, camiño.

Sur:

Polígono, parcela, camiño.

Oeste:

Polígono 68, parcela 12 b campo de fútbol do Alivio-concello de Tomiño.

Monte: San Bieito.

Cabida:1.2147 ha (superficie alegada na solicitude).

Polígono 68, parcela 699, Veloso Álvarez, José.

Leste:

Polígono, parcela, camiño.

Sur:

Polígono, parcela, camiño.

Oeste:

Polígono, parcela, camiño.

Monte: Balbís.

Cabida: 0,2411 ha (superficie alegada na solicitude).

Polígono 68, parcela 267, 268 y 269.

Norte:

Polígono 68, parcela 267, Promociones Besper 2000, S.L.

Polígono, parcela, camiño.

Leste:

Polígono 90, parcela 269, Promociones Besper 2000, S.L.

Polígono 90, parcela 273, Xunta MVMC de Tomiño.

Sur:

Polígono 68, parcela 261, Langarón Yañez, Constantino.

Polígono 90, parcela 264, Álvarez Álvarez, Manuel.

Oeste:

Polígono, parcela, camiño.

Monte: Balbís.

Cabida: 0,5803 ha (superficie alegada na solicitude).

Polígono 68, parcela 275.

Norte:

Polígono 68, parcela 267, Promociones Besper 2000, S.L.

Polígono 68, parcela 299, Alvárez Alvárez, Manuel.

Polígono 68, parcela 300, Alvárez de Santiago, Alfredo.

Polígono 68, parcela 302, Vázquez de Santiago, Enrique.

Polígono 68, parcela 303, Fernández Álvarez, Enrique.

Leste:

Polígono 68, parcela 279, Castro Álvarez, Lucita.

Polígono 68, parcela 280, Lago Filgueiras, Amelia.

Polígono 68, parcela 281, Vázquez de Santiago, Enrique.

Polígono 68, parcela 297, Álvarez Álvarez, Rosalina.

Polígono 68, parcela 298, Pousa Pérez, María.

Polígono 98, parcela 243, Vicente Torres, José.

Sur:

Polígono 68, parcela 277, Rodríguez Ferreira, José.

Polígono 98, parcela 239, Rodríguez Alonso, Antonia.

Polígono 98, parcela 240, descoñecido.

Polígono 98, parcela 241, Álvarez Cal, José.

Polígono 98, parcela 242, Lago Álvarez, Jesús.

Polígono 98, parcela 243 Vicente Torres José.

Oeste:

Polígono 68, parcela 269, Promociones Besper 2000, S.L.

Polígono 68, parcela 270, Promociones Besper 2000, S.L.

Polígono 68, parcela 274. Álvarez Álvarez, Manuel.

Polígono 68, parcela 276, Vicente Coímbra, Ivonne.

Monte: Balbís.

Cabida: 0,3065 ha (superficie alegada na solicitude).

Polígono 68, parcela 238 y 256.

Norte:

Polígono 98, parcela 239, Rodríguez Alonso, Antonia.

Polígono 98, parcela 240, descoñecido.

Polígono 98, parcela 241, Álvarez Cal, José.

Polígono 98, parcela 242, Lago Álvarez, Jesús.

Polígono 98, parcela 243, Vicente Torres, José.

Polígono 98, parcela 244, Álvarez Fernández, Serafín.

Polígono 98, parcela 245, Álvarez Rodríguez, Fructuoso.

Polígono 98, parcela 249, Álvarez Fernández, Eladio.

Polígono 98, parcela 250, Rodríguez Alonso, Antonio.

Polígono 98, parcela 251, Troncoso Salvador, Emilia.

Leste:

Polígono, parcela, camiño.

Sur:

Polígono 98, parcela 237, Barreiro Puentos, Encarnación.

Polígono 98, parcela 253, Pérez Alonso, Florián.

Polígono 98, parcela 254, Domínguez Álvarez, Héctor Ramón.

Oeste:

Polígono, parcela, camiño.

Polígono 68, parcela 277, Rodríguez Ferreira, José.

Monte: Balbís.

Cabida: 0,2578 ha (superficie alegada na solicitude).

Polígono 98, parcela 166.

Norte:

Polígono 68, parcela 354, González Alonso, Ángel.

Polígono 68, parcela 355, Rocha de Santiago, Constantino da.

Polígono 68, parcela 356, González Pereira, Carmen.

Polígono 68, parcela 357, Portela Alonso, María Argentina .

Polígono 68, parcela 358, Rodríguez Alonso, Antonio.

Leste:

Polígono 98, parcela 167, González Bargiela, Alfonso.

Sur:

Polígono 98, parcela 169, Rolán López, Víctor.

Polígono 98, parcela 170, Álvarez Rodríguez, Fructuoso.

Polígono 98, parcela 171, González Domínguez, Andrés.

Polígono 98, parcela 230, Candeira Zugaza, Javier.

Oeste:

Polígono 68, parcela 354, González Alonso, Ángel.

Polígono 68, parcela 355, Rocha de Santiago, Constantino da.

Polígono 68, parcela 356, González Pereira, Carmen.

Polígono 68, parcela 357, Portela Alonso, María Argentina.

Polígono 68, parcela 358, Rodríguez Alonso, Antonio.

Monte: A Pedra.

Cabida: 1.0521 ha (superficie alegada na solicitude).

Polígono 52, parcela 654.

Polígono 70, parcela 34.

Polígono 71, parcela 563.

Norte:

Polígono 52, parcela 653, Ferreira, Manuel.

Polígono 70, parcela 33, Ferreira Bouzada, María del Carmen.

Polígono 70, parcela 36, Magán Alonso, Marina.

Polígono 70, parcela 37, Vázquez Durán, María del Carmen.

Polígono 70, parcela 38, Magán Alonso, Marina.

Polígono 70, parcela 41, Ferreira, Manuel.

Polígono 70, parcela 42, Magán Álvarez, María .

Polígono 70, parcela 43, Alonso Gómez, Víctor.

Polígono 70, parcela 71, Magán Alonso, Marina.

Polígono 70, parcela 72, Tejido Rodríguez, Concepción.

Polígono 70, parcela 73 Magán Alonso, Isabel.

Leste:

Polígono 52, parcela 599, Alonso Fernández, Luis.

Sur:

Polígono 70, parcela 18, Vázquez Durán, María del Carmen.

Polígono 70, parcela 322, González Pereira Álvarez, Estrella.

Polígono 71, parcela 526, Alonso Senra, José.

Polígono 71, parcela 527, Verde Rodríguez, Emilio.

Oeste:

Polígono 70, parcela 98, Pousa Álvarez, Casimiro.

Polígono -, parcela 99, Puentes Pereira, Mercedes.

Nome do monte: Vilachán.

Cabida: 0,1418 ha (superficie alegada na solicitude).

Polígono 64, parcela 78.

Norte:

Polígono, parcela, camiño.

Polígono 64, parcela 77, Viñedos Vilachán.

Leste:

Polígono, parcela, camiño.

Sur:

Polígono 64, parcela 5001, descoñecido.

Oeste:

Polígono 64, parcela 79, Fernández Domínguez, Nair.

Nome do monte: Vilachán.

Cabida: 0,0287 ha (superficie alegada na solicitude).

Polígono 64, parcela 44.

Norte:

Polígono, parcela, camiño.

Leste:

Polígono, parcela, camiño.

Sur:

Polígono, parcela, camiño.

Oeste:

Polígono 64, parcela 43, Fernández Fernández, Lorenzo.

Monte: Telleira de San Bieito.

Cabida: 0,5803 ha (superficie alegada na solicitude).

Polígono 68, parcela 275.

Norte:

Polígono 98, parcela 398, Amendoeira Alvarez, María.

Polígono 98, parcela 400, A Farqueira.

Polígono 98, parcela 401, Míguez Souto, Manuel .

Polígono 98, parcela 402, Álvarez Carreiro, Orisa.

Polígono 98, parcela 403, Álvarez Álvarez, Manuel.

Polígono 98, parcela 413, Álvarez Fernández, María del Rosario.

Polígono 98, parcela 414, Dacosta Cuña, Modesto.

Polígono 98, parcela 415, Álvarez Salgueiro, Jacinta.

Polígono 98, parcela 416, descoñecido.

Polígono 98, parcela 417, Fernández Souto, José.

Polígono 98, parcela 418, Beltrán Alvarez, José.

Polígono 98, parcela 446, Álvarez Fernández, María del Rosario.

Polígono 98, parcela 448, Álvarez Pousa, Jaime.

Leste:

Polígono 98, parcela 339, Pereira Pousa, Manuel.

Polígono 98, parcela 438, Alonso Álvarez, Eloy.

Polígono 98, parcela 442, Álvarez Martínez, Elidia.

Sur:

Polígono, parcela, camiño.

Oeste:

Polígono, parcela, camiño.

Polígono 98, parcela 419, Álvarez Fernández, Federico.

Polígono 98, parcela 420, Álvarez Fernández, María del Rosario.

Polígono 98, parcela 421, Pazos Álvarez, María Emilia.

Polígono 98, parcela 422, Álvarez Laranjeria, Joaquín.

Polígono 98, parcela 423, Carrera Álvarez, José Evaristo.

Polígono 98, parcela 426, Álvarez Fernández, Ana María.

Polígono 98, parcela 427, Domínguez Gabín, Manuel.

Polígono 98, parcela 428, Rodríguez Vicente, María Esther.

Polígono 98, parcela 429, Estévez Rodríguez, Manuel .

Polígono 98, parcela 430, Domínguez Gabín, Manuel.

Polígono 98, parcela 431, Álvarez Pousa, María del Pilar.

Polígono 98, parcela 432, Martínez Souto, Victor.

Polígono 98, parcela 433, Gómez Fernández, Enrique.

Polígono 98, parcela 436, Rodríguez Alonso, Antonio.

Polígono 98, parcela 445, Álvarez Martínez, Elidia.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común ten a competencia para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter segundo o establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo.-De conformidade co artigo 1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 1 do Decreto 240/1992, do 4 de setembro, cómpre entender por montes veciñais en man común «... os terreos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia que, con independencia da súa orixe, as súas posiblidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e os veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade, sen asignación de cuotas, os membros daquelas na súa condición de veciños».

Así, segundo abondosa xurisprudencia, o feito que xustifica a clasificación ou non como veciñal dun determinado monte, en vía administrativa, é a circunstancia de terse ou non demostrado o aproveitamento consuetudinario en man común, prescindindo das cuestións relativas á propiedade e demais dereitos reais.

Terceiro.-Por outra banda, de conformidade co artigo 5 da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, considerase monte: «todo terreo en que vexetan especies forestais arbóreas, arbustivas, de matogueira ou herbáceas, sexa espontaneamente ao procedan de sementeira ou plantación, que cumpran ou poidan cumprir funcións ambientais, protectoras, produtoras, culturais, paisaxísticas ou recreativas.

Teñan tamén la consideración de monte:

a) Os terreos ermos, rochedos e arenais.

b) As construcións e infraestruturas destinadas ao servizo do monte en que se sitúan.

c) Os terreos agrícolas abandonados que cumpran as condicións e prazos que determine a comunidade autónoma, e sempre que adquirisen signos inequívocos do seu estado forestal.

d) Todo terreo que, sen reunir as características descritas anteriormente, se adscriba á finalidade de ser repoboado ou transformado ao uso forestal, de conformidade coa normativa aplicable.

e) Os enclaves forestais en terreos agrícolas coa superficie mínima determinada pola comunidade autónoma».

E non se consideran monte:

f) Os terreos dedicados ao cultivo agrícola.

g) Os terreos urbanos e aqueloutros que exclúa a comunidade autónoma na súa normativa forestal e urbanística.

Cuarto.-De conformidade coa lexislación autonómica e en concreto co artigo 32.2º b) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia «...Igualmente considéranse solo rústico de protección forestal aquelas terras que declare a administración competente como áreas de especial produtividade forestal».

E considerando tamén o artigo 2 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, considérase monte: «...todo terreo no que vexetan especies forestais arbóreas, arbustivas, de matogueira ou herbáceas, sexa esponteneamente ou procedentes de sementeira ou plantación, que cumpran ou poidan cumprir funcións ambientais, protectoras, produtoras, culturais, paisaxísticas ou recreativas.

Teñen tamén a consideración de monte ou terreo forestal os demais terreos descritos no artigo 5 da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes.

Non terán a consideración de monte ou terreo forestal os terreos dedicados ao cultivo agrícola, o solo urbano, os núcleos rurais e o solo urbanizable delimitado, incluíndo a canle e a zona de dominio público hidráulico destes solos, e os excluídos pola normativa vixente, así como os terreos rústicos de protección agropecuaria...».

Quinto.-Por outra banda, o Concello de Tomiño ten vixente un PXOM onde se cataloga o territorio do seu concello.

Sexto.-Tendo en conta a lexislación anterior, a documentación presentada polo solicitante, e os informes do Servizo de Montes do 16-7-2009 (folio 129 do expediente) e do 1-12-2009 (folio 217 do expediente), o uso en man común do monte solicitado está suficientemente acreditado nas parcelas e superficies seguintes:

No monte: Pedra do Couto ou Cisco: 0,9 ha.

No monte: Pedrafita: 3,3 ha.

No monte: Balbís: 1,05 ha, subparcelas nº 2 (0,48 ha), nº 3 (0,31 ha) e nº 4 (0,26 ha).

Pola contra, o uso en man común do monte solicitado non está suficientemente acreditado pola documentación presentada polos solicitantes e polos informes do Servizo de Montes nas parcelas e superficies seguintes:

San Bieito, A Pedra, Vilachán e Telleira de San Bieito.

En consecuencia, vista a Lei galega 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e demais preceptos legais e regulamentarios de xenérica e específica aplicación, o instrutor, en uso das facultades que ten conferidas, propón, e o Xurado acorda por maioría dos seus membros:

Clasificar parcialmente como veciñal en man común os montes denominados Pedra do Couto ou Cisco, Pedrafita e Balbís en prol da CMVMC de Tomiño, do concello de Tomiño, de acordo coa descrición que se fai a seguir, e a planimetría elaborada para o efecto polo Servizo de Montes, que forma parte inseparable desta resolución.

Nome do monte: Pedra do Couto ou Cisco.

Cabida: 0,9 ha.

Estremas:

Norte: predios particulares.

Sur: predios particulares.

Leste: estrada do Outeiro á Gandariña.

Oeste: MVMC de Estás e predios particulares.

Nome do monte: Pedrafita.

Cabida: 3,3 ha.

Estremas:

Norte: pista forestal e predios particulares.

Sur: camiño.

Leste: predios particulares.

Oeste: MVMC de Barrantes.

Nome do monte: Balbís.

Cabida: 1,05 ha subparcelas nº 2 (0,48 ha), nº 3 (0,31 ha) e nº 4 (0,26 ha).

Estremas:

Norte: predios particulares.

Sur: predios particulares.

Leste: predios particulares.

Oeste: camiño e estradas.

Non clasificar como veciñal en man común os montes San Bieito, A Pedra, Vilachán e Telleira de San Bieito, polos motivos anteriormente expostos.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta publicación, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 1 de marzo de 2010.

Gerardo Zugasti Enrique

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra