DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 31 de marzo de 2010 Páx. 4.846

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2010, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se instrúe expediente para a creación do couto troiteiro da Laracha, no río Anllóns.

Con data do 8 de marzo de 2010, o xefe territorial da Coruña acordou instruír expediente para a creación do couto troiteiro da Laracha no río Anllóns, coas seguintes características:.

Río: Anllóns.

Concello: A Laracha.

Límite superior: ponte O Formigueiro.

Límite inferior: A Ponte do Porto.

Lonxitude total do couto: 4,29 km.

Categoría: con morte.

Nº de permisos: catro en días laborables e oito en sábados, domingos e festivos.

O que se fai público para xeral coñecemento; sinálase o prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para que as entidades e persoas que se consideren afectadas se poidan informar nas oficinas deste departamento territorial (Servizo Provincial de Conservación da Natureza), edificio administrativo Monelos; praza de Luís Seonae, s/n, 5ª planta, A Coruña, sobre as características da creación do couto de pesca e presentar durante o mesmo prazo as alegacións que xulguen convenientes ao respecto.

A Coruña, 8 de marzo de 2010.

Enrique Luis de Salvador Sánchez

Xefe territorial da Coruña