DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 31 de marzo de 2010 Páx. 4.845

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

CÉDULA do 24 de febreiro de 2010, do Departamento Territorial Vigo, pola que se fai pública a resolución revogatoria correspondente ao expediente AS341D 2004/996-5 do programa de promoción de emprego autónomo convocado pola Orde do 12 de marzo de 2004 (Diario Oficial de Galicia do 26 de marzo).

Intentada a notificación da dita resolución, segundo o disposto no artigo 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra esta o interesado poderá interpoñer un recurso contencioso-adminstrativo, no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición no prazo dun mes, que comenzará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante este departamento territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias deste departamento territorial, situadas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, 36201 Vigo (Pontevedra), e obter unha copia desta resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Vigo, 24 de febreiro de 2010.

Carmen Bianchi Valcarce

Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente: AS341D 2004/996-5.

DNI/NIF/CIF: 36155398-L.

Nome ou razón social: Marco Antonio Alves Falcao.

Último enderezo coñecido: avenida do Aeroporto, 99, 2º, 36206 Vigo (Pontevedra).

Tipo de axuda: renda para o inicio da actividade.

Contido da resolución: resolución revogatoria da resolución de concesión.

Data da resolución: 16 de febreiro de 2009.