DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 31 de marzo de 2010 Páx. 4.844

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2010, do Departamento Territorial de Vigo, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Covixerga, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia e no artigo 53 do Regulamento do rexistro de cooperativas, faise público que este Departamento Territorial de Vigo resolveu inscribir a modificación de estatutos sociais da entidade Covixerga, S. Coop. Galega, acordada na reunión do consello reitor que tivo lugar o 3 de novembro de 2009, neste rexistro provincial de cooperativas. Consta como novo domicilio social rúa San Francisco, nº 57-3º, ofic. 1-2, do concello de Vigo.

Vigo, 26 de febreiro de 2010.

Carmen Bianchi Valcarce

Xefa territorial de Vigo