DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 31 de marzo de 2010 Páx. 4.844

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2010, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica no concello de Burela. (Expediente IN407A 09/187-2, 7551 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4-1º, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. e R.B.T.S. para subministración eléctrica na rúa Marqués de Sargadelos esquina coa rúa Camiño Real.

Situación: concello de Burela.

Características técnicas:

-L.M.T.S. a 20 kV, consistente en anelar o C.T. proxectado, entre o C.T.C. edificio Herves (00899) e o C.T.C. Instituto (07707), cunha lonxitude de 797 metros de condutor proxectado tipo R.H.Z.-240.

-C.T. en edificio non prefabricado cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha potencia inicial de 400 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230 V.

-R.B.T.S. baixo tubo con orixe nos cadros de baixa tensión dos C.T. proxectados e final nas C.X.P. dos edificios que se van electrificar, cunha lonxitude total de 48 metros en condutor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial no prazo de vinte días.

Lugo, 26 de febreiro de 2010.

José Manuel Vázquez Leirado

Xefe territorial de Lugo