DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 31 de marzo de 2010 Páx. 4.843

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2010, do Departamento Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica L.M.T. e C.T. Eirasvedras e Requeixo (expediente 3612 A.T.) no concello de Ourense. (Expediente IN407A 10/7-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: L.M.T. e C.T. Eirasvedras e Requeixo (expediente 3612 A.T.).

Situación: Ourense.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 65 m de lonxitude con condutor tipo R.H.Z.1 e orixe na L.M.T. ao C.T. Eirasvedras (32AQ23) e remate no C.T. proxectado prefabricado Eirasvedras de 400 kVA e r/t 20.000/400-230 V. Orzamento: 33.614,79 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, Curros Enríquez no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 25 de febreiro de 2010.

Gabriel Diéguez Domínguez

Xefe territorial de Ourense