DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 31 de marzo de 2010 Páx. 4.842

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2010, do Departamento Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica no concello de Mondariz. (Expediente IN407A 10/27-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A.

Domicilio social: r/ Fernández Vega, 14, 36860 Ponteareas.

Denominación: L.M.T. e C.T. Cernadela-Ponte Romana.

Situación: concello de Mondariz.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con condutor Hersatene de 287 metros de lonxitude, con orixe na L.M.T.A. derivación a Cernadela e final no C.T. proxectado. Centro de transformación de 250 kVA, R.T. 20 kV/230-400 V, situado en Cernadela, Riofrío, concello de Mondariz.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, ed. administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43-5º, 36003 Pontevedra, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 24 de febreiro de 2010.

Ignacio Rial Santomé

Xefe territorial de Pontevedra