DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 31 de marzo de 2010 Páx. 4.842

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2010, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica no concello de Becerreá. (Expediente IN407A 09/130-2, 7614 A.T.).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificación de proxecto de L.M.T., C.T. e R.B.T. Cormes.

Situación: concello de Becerreá.

Características técnicas:

-C.T.I. de Morcelle, cunha potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

-Liña de baixa tensión aérea con orixe no C.T.I. de Morcelle, pasa polo autotransformador elevador de Morcelle, polo transformador redutor de Cormes e remata no lugar de Cormes, cunha lonxitude de 2.118 metros, en condutor R.Z. tensado sobre apoios de formigón e de madeira.

-Autotransformador elevador no lugar de Morcelle, cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación de 400/230-960 V.

-Transformador redutor no lugar de Cormes, cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación de 960-400/230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, este departamento territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 23 de febreiro de 2010.

José Manuel Vázquez Leirado

Xefe territorial de Lugo