Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: modificado de proxecto de L.M.T., C.T. e R.B.T. Vilarpunteiro.
Situación: concello de Baralla.
Características técnicas:
-C.T.I. de Sixirei, consistente no cambio do transformador existente de 25 kVA por un de 100 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.
-Liña de baixa tensión aérea con orixe no C.T.I. de Sixirei, pasa polo autotransformador elevador de Sixirei, polos transformadores redutores de Vilarello, Os Vales e Vilarpunteiro, cunha lonxitude de 2.238 metros, en condutor R.Z. tensado sobre apoios de formigón e de madeira.
-Autotransformador elevador no lugar de Sixirei, cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación de 400/230-960 V.
-Transformador redutor no lugar de Vilarello, cunha potencia de 15 kVA e unha relación de transformación de 960-400/230 V.
-Transformador redutor no lugar dos Vales, cunha potencia de 15 kVA e unha relación de transformación de 960-400/230 V.
-Transformador redutor no lugar de Vilarpunteiro, cunha potenica de 50 kVA e unha relación de transformación de 960-400/230 V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, este departamento territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Lugo, 23 de febreiro de 2010.
José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo