DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 31 de marzo de 2010 Páx. 4.841

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

ACORDO do 11 de marzo de 2010, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica no concello de Ferrol. (Expediente IN407A 10/37).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. e C.T. en Fonte da Greza.

Situación: Ferrol.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,235 km, con orixe na L.M.T.S. a C.T. nº 9 Esteiro (expediente 96/186) e final na L.M.T.S. e C.T. nº 10 Esteiro (expediente 04/89), en condutor R.H.Z.1-OL 3×1×240 mm2.

Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 400 kVA e relación de transformación de 15.000/400-230 V. Concello de Ferrol.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións neste departamento territorial, situado no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 11 de marzo de 2010.

Tristana Moraleja Gómez

Xefa territorial da Coruña