DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 31 de marzo de 2010 Páx. 4.839

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2010, da Secretaría Xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación para a contratación, suxeita e regulación harmonizada, da subministración sucesiva e por prezo unitario de material informático non inventariable con destino aos órganos xudiciais de Galicia, mediante procedemento aberto e adxudicación baseada en multicriterios.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número do expediente: SUXU 02.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración sucesiva e por prezo unitario, de material informático non inventariable con destino aos órganos xudiciais de Galicia.

b) Número de unidades que hai que entregar: as sinaladas no anexo B do prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número: non leva.

d) Lugar de entrega: o material será entregado nas sedes dos órganos xudiciais de Galicia indicados no anexo A do prego de prescricións técnicas ou en calquera outro xulgado de nova creación durante a vixencia do contrato.

e) Prazo de execución: doce meses contados desde o día seguinte ao da sinatura do contrato. As entregas axustaranse ao indicado no punto 7.2 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento da licitación.

Valor estimado: 232.279,22 €.

IVE (16%): 37.164,68 €.

Orzamento total: 269.443,90 €.

Anualidades:

-Ano 2010: base: 135.496,22 €, IVE 21.679,40 €, total 157.175,62 €.

-Ano 2011: base: 96.783,00 €, IVE 15.485,28 €, total: 112.268,28 €.

5. Garantía provisional: 8.083,317 €.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 1, 2º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfonos: información de índole técnica: 981 54 62 28/29 e información de índole administrativa: 981 54 45 17 e 981 95 73 49.

e) Telefax: 981 54 42 39.

f) Correo electrónico: maria.blanco.aller@xunta.es.

g) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=13698.

h) Data límite de obtención de documentos e información: 30 de abril de 2010 ás 14.00 horas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados no número 16 da folla de especificacións.

b) Solvencia técnica: deberá xustificarse polos medios sinalados no número 17 da folla de especificacións.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite da presentación das ofertas: 14.00 horas do día 3 de maio de 2010.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de que estean inscritos no Rexistro de Contratistas xuntarase grampado no exterior do sobre A o certificado do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Oficina do Rexistro Único e Información do complexo administrativo San Caetano.

2. Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 1, planta baixa.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o indicado no número 6 e) deste anuncio.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade e lugar: Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Subdirección Xeral de Contratación.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 1, 2º andar.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: 14 de maio de 2010.

e) Hora: 12.15 horas.

10. Gastos do anuncio: será por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 24 de marzo de 2010.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2010.

Beatriz Cuiña Barja

Secretaria xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza