DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 31 de marzo de 2010 Páx. 4.838

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2010, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e trámite ordinario, do servizo de implantación do sistema de coordinación das iniciativas estratéxicas das consellerías.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Número de expediente: 12/2010.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: levar a cabo as tarefas de desenvolvemento, mantemento e implantación do sistema de coordinación das iniciativas estratéxicas das consellerías (aplicación Iniciativas100). Formación, implantación dos sistemas de información de uso nestes órganos: sistema de seguimento das iniciativas estratéxicas, sistemas Secretariado de Goberno, xestión de gabinetes ...

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo de execución: doce (12) meses a partir da sinatura do contrato.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: 167.400 €, máis 26.784 € correspondentes ao IVE.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información.

a) Entidade: Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica.

b) Enderezo: edificios administrativos San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións, todos os días laborables, agás sábados, das 9.00 ata as 14.00 horas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo V, subgrupo 2, categoría b.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará ás 14.00 horas do día que resulte de contar quince (15) días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo fose festivo ou inhábil, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Rexistro Único e de Información, situado no edificio administrativo San Caetano (de luns a venres das 9.00 ás 19.00 horas e os sábados das 9.00 ás 14.00 horas).

2. Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas:

9.1. Sobre B (criterios non avaliables mediante fórmulas matemáticas):

a) Lugar: sala por determinar da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: indicarase no perfil do contratante.

9.2. Sobre C (criterios avaliables mediante fórmulas matemáticas).

a) Lugar: sala por determinar da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: indicarase no perfil do contratante.

e) Hora: indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na epígrafe L da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: 10,82 € por liña, IVE incluído; serán por conta do adxudicatario.

12. Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

13. Páxina web onde se poden obter os pregos:

No perfil do contratante e na páxina: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=13665.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2010.

Mar Pereira Álvarez

Secretaria xeral de Modernización e Innovación

Tecnolóxica