DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 31 de marzo de 2010 Páx. 4.836

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2010, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de iniciación do expediente sancionador en materia de espectáculos públicos AC-EP 29-2010.

Intentada a notificación á titular do establecemento que se indica a continuación sen que se puidese practicar, resolvo notificar por este medio, ao abeiro do artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o acordo de iniciación ditado no expediente sancionador que se relaciona no anexo, por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá.

De conformidade co establecido no artigo 29.1º d) da LOSC en relación co Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, e o Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución a órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos (DOG do 30 de setembro) e Decreto 245/2009, do 30 de abril, corresponde aos xefes territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza sancionar esta clase de infraccións dentro dos límites contidos nel.

Noméase instrutora do expediente a Consuelo Castro Atienza, xefa da Sección II de Espectáculos no Servizo de Emerxencias e Interior e secretario a José Antonio Amado Vila, funcionario do devandito servizo, que poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Os interesados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, para exercer o dereito de audiencia e formular alegacións, presentar documentos ou informacións que coiden convenientes na súa defensa e, se é o caso, propoñer proba, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade cos efectos previstos no artigo 8 do Real decreto 1398/1993.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento, no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

En cumprimento do artigo 42.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común -LRXPAC- (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) infórmase que o prazo máximo para resolver e notificar o procedemento é de seis meses contados desde o acordo, de conformidade co artigo 20.6º do Real decreto 1398/1993; e no suposto do vencemento do prazo sen ter ditado resolución producirase a caducidade do procedemento co arquivo das actuacións, segundo sinala o artigo 44.2º da LRXPAC.

Infórmase igualmente de que a tramitación do expediente se realiza na delegación provincial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita no edificio administrativo Monelos, praza Luís Seoane, s/n, da Coruña.

A Coruña, 18 de marzo de 2010.

Ana Lado Eiriz

Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: AC-EP 29-2010.

Denunciada: Silvia Yulieth Sánchez Daza.

DNI/CIF: 48116995-Y.

Enderezo: lugar de Silvoso, 5, Ouces, Bergondo.

Establecemento: bar especial (pub) Babalú.

Precepto infrinxido: artigo 26 e) da L.O. 1/1992.

Precepto sancionador: artigo 28 da L.O. 1/1992.

Multa que se imporá se non efectúa alegacións: 200 euros.