DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 31 de marzo de 2010 Páx. 4.836

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2010, do Departamento Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador en materia de espectáculos públicos OU-E-313/09.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao titular do establecemento que se especifica no anexo, a resolución do expediente sancionador, por infracción á Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

O importe das sancións farase efectivo, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións en Caixanova recadación Xunta modelo XTAX, ou na conta contable 840 código 001 de Caixa Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel en que esta resolución sexa executiva. Para efectuar o ingreso deberá empregar os impresos normalizados que lle serán facilitados na oficina deste departamento territorial, sita na avda. da Habana, nº 79-2º, de Ourense.

Transcorrido o citado prazo cobraranse pola vía administrativa de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Ourense, 12 de marzo de 2010.

Rosa María Novoa Vega

Xefa territorial de Ourense acctal.

ANEXO

Número de expediente: OU-E-313/09.

Denunciada: Estefanía Paz Sastre.

DNI: 76735323-D.

Enderezo: r/ Chamoso Lamas, 16, 32500 O Carballiño (Ourense).

Establecemento: La Kalle, r/ Chamoso Lamas, 16, 32500 O Carballiño (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 26 e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1997.

Sanción: 90 euros.