DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 31 de marzo de 2010 Páx. 4.834

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentenza (88/2009).

Ana María Carrasco García, secretaria xudicial do Xulgado do Social número catro da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 88/2009 deste xulgado do social, seguidos por instancia de José Francisco Martínez Iglesias contra a empresa Pesquera Vibu, S.L., sobre ordinario, ditouse resolución do teor literal seguinte:

Ditamino que, estimando a demanda interposta por José Francisco Martínez Iglesias, debo condenar e coindeno a empresa Pesquera Vibu, S.L., a que lle aboe ao demandante a cantidade de 8.838,01 euros polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación da sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade.

E, igualmente, deberá no momento de interpoñer o recurso, consignar a suma de 150,25 euros en concepto de depósito especial para recorrer na conta.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Pesquera Vibu, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, agás as que revistan forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

Na Coruña o 22 de febreiro de 2010.

Ana María Carrasco García

Secretaria xudicial