DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 31 de marzo de 2010 Páx. 4.834

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (1315/2009).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 1315/2009 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ramón Juncal Taibo, contra a empresa Promogal, S.L., sobre despedimento, ditouse auto cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Que, estimando a demanda sobre despedimento interposta por Ramón Juncal Taibo, contra a empresa Contratas Promogal, S.L., e en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento efectuado e condeno a empresa indicada a que indemnice a parte demandante, en concepto de despedimento improcedente a cantidade de 431,65 euros, cantidade da que se deberán descontar os 257,33 xa recibidos, o que supón un resto de 174,32 euros.

Así mesmo, condeno a parte demandada a que satisfaga á demandante os salarios de tramitación desde a data do despedimento (15 de outubro de 2009) ata o 30 de novembro de 2009 o que supón a cantidade de 1.964,08 euros.

Así mesmo, absolvo á Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación, que se deberá anunciar ante este xulgado no termo de cinco días desde a notificación desta sentenza, por comparecencia ou por escrito das partes, o seu avogado ou representante legal, designando o letrado que deberá interpoñelo, sendo posible o anuncio por mera manifestación daquela ao ser notificada, e que será resolto, de ser o caso, e cumpridos os trámites legais pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, así mesmo, acreditar ao anunciar o recurso ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta en Banesto, conta nº 1531, clave 60 podendo substituírse por aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na conta nº 1531, clave 60, e en calidade de depósito e en impreso separado do importe da condena.

E, para que lle sirva de notificación en legal forma a Promogal, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 15 de febreiro de 2010.

María Blanco Aquino

Secretaria xudicial