DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 31 de marzo de 2010 Páx. 4.833

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (1308/2009).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 1308/2009 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jorge óscar Agnus Piñeiro e Ana María Campos Torres contra a empresa Galiasistencia, S.L., sobre despedimento, ditouse sentenza cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Resolución:

En atención ao exposto, este órgano xudicial, pola autoridade que lle confire a Constitución, decidiu:

Que estima a demanda sobre despedimento interposta por Jorge Óscar Agnus Piñeiro e Ana María Campos Torres, contra a empresa Galiasistencia, S.L., e declara a improcedencia do despedimento efectuado no seu día. Así mesmo, declara, con data de efectos do día de hoxe (15 de febreiro de 2010) a extinción da relación laboral entre as partes, e condena a empresa demandada a estar e pasar polas anteriores declaracións e a aboarlles aos demandantes as seguintes cantidades en concepto de indemnización por despedimento improcedente e en concepto de salarios de trámite:

-Nome: Jorge Óscar.

Indemnización: 13.560,53 €.

Salarios de trámite: 4.692,95 €.

-Nome: Ana María.

Indemnización: 16.470,07 €.

Salarios de trámite: 5.370,47 €.

Así mesmo, absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación, que se deberá anunciar ante este xulgado no termo de cinco días desde a notificación desta sentenza, por comparecencia ou por escrito das partes, o seu avogado ou representante legal, designando o letrado que deberá interpoñelo, sendo posible o anuncio por mera manifestación daquela ao ser notificada, e que será resolto, de ser o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, así mesmo, acreditar ao anunciar o recurso ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta en Banesto, conta nº 1531, clave 60, podendo substituírse por aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na conta nº 1531, clave 34, e en calidade de depósito e en impreso separado do do importe da condena.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Galiasistencia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no BOP.

A Coruña, 15 de febreiro de 2010.

María Blanco Aquino

Secretaria xudicial