DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 31 de marzo de 2010 Páx. 4.832

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (1010/2008).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 1010/2008 deste xulgado do social, seguido por instancia de Joaquín López Pérez, Almudena García de la Iglesia, David López Pérez, Carlos Jesús Calvo Louro, Lucía Gómez Viña, José Luis Sánchez Soriano, Lidia García de la Iglesia, David Vidal Martínez, Pedro Carballo Romero, Samba Yahya, contra as empresas Galicociñas, S.L., e Puertas de Cocina Osaly, S.L., sobre ordinario, ditouse sentenza cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decido que, estimando a demanda interposta por los demandantes David Vidal Martínez, José Luis Sánchez Soriano, Samba Yahya, Carlos Jesús Calvo Louro, Lidia García de la Iglesia, David López Pérez, Lucía Gómez Viña, Joaquín López Pérez e Pedro Carballo Romero, contra as empresas Galicociñas, S.L., e Puertas de Cocina Osaly, S.L., e o Fogasa, debo condenar e condeno a primeira delas a aboarlles, por todos os conceptos, as seguintes cantidades:

-A David Vidal Martínez: 7.335,98 euros.

-A José Luis Sánchez Soriano: 7.662,70 euros.

-A Samba Yahya: 7.335,98 euros.

-A Almudena García de la Iglesia: 8.575,93 euros.

-A Carlos Jesús Calvo Louro: 8.281,68 euros.

-A Lidia García de la Iglesia: 8.406,22 euros.

-A David López Pérez: 9.671,73 euros.

-A Lucía Gómez Viña: 8.281,69 euros.

-A Joaquín López Pérez: 8.406,22 euros.

E desestimo o resto dos pedimentos formulados na súa contra, e debo condenar e condeno a segunda das referidas empresas a aboarlle a Pedro Carballo Romero, por todos os conceptos, a cantidade de 8.131,92 euros, e desestimo o resto dos pedimentos formulados na súa contra. En todos os casos, máis o 10% de xuro por mora. Así mesmo, debo absolver o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos na artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación, que se deberá anunciar ante este xulgado no termo de cinco días desde a notificación desta sentenza, por comparecencia, ou por escrito das partes, o seu avogado ou representante legal, designando o letrado que deberá interpoñelo, sendo posible o anuncio por mera manifestación daquela ao ser notificada, e que será resolto, de ser o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, así mesmo, acreditar ao anunciar o recurso ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta en Banesto, conta nº 1531, clave 60, podendo substituírse por aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na conta nº 1531, clave 34, e en calidade de depósito e en impreso separado do do importe da condena.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Galicociñas, S.L., e a Puertas de Cocina Osaly, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no BOP.

A Coruña, o vinte de xaneiro de dous mil dez.

María Blanco Aquino

Secretaria xudicial