DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 31 de marzo de 2010 Páx. 4.832

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (236/2009).

Xuízo verbal de desafiuzamento por falta de pagamento 236/2009.

Parte demandante: Seigal.

Parte demandada: Mirtha Lidia Navatta.

No xuízo de referencia acordouse a publicación no Diario Oficial de Galicia da sentenza do 9 de xullo de 2009 cuxo texto literal é o seguinte:

«Sentenza.

Padrón, 9 de xullo de 2009.

Vistos por Berta Vidal Gallego, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número un de Padrón, estes autos de xuízo verbal 236/2009, seguidos ante este xulgado, nos cales son partes, como demandante a entidade Seigal, S.L., representada pola procuradora sra. Fernández-Rial y López, e asistida do letrado sr. Arias Vaquero, e como parte demandada, Mirtha Lidia Navatta, en situación procesual de rebeldía, sobre desafiuzamento de local por falta de pagamento e reclamación de rendas.

Resolvo:

Estímase a demanda formulada pola procuradora sra. Fernández-Rial y López, en representación da entidade Seigal, S.L., contra Mirtha Lidia Navatta, en situación procesual de rebeldía, declaro a resolución do contrato de arrendamento subscrito o 1 de novembro de 2007, respecto da nave industrial sita no polígono industrial da Picaraña, co nº 21, sector A, rúa 2, de Padrón (A Coruña), por falta de pagamento, e condeno a demandada: 1º) Ao desaloxamento da nave industrial sita no polígono industrial da Picaraña, co nº 21, sector A, rúa 2, de Padrón (A Coruña); 2º) Ao pagamento á demandante de todas as rendas vencidas e que resultasen impagadas desde a presentación da demanda ata a data do efectivo desaloxamento do local arrendado, debendo facerse entrega á entidade Seigal, S.L., da suma consignada (2.499 euros) en concepto de rendas vencidas e non satisfeitas ata a data de presentación da demanda; 3º) Ao aboamento dos xuros legais correspondente desde a data de interposición da demanda;

4º) Ao pagamento das custas procesuais.

Notifíqueselles esta sentenza as partes, facéndolles saber que a resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación. O recurso prepararase ante este xulgado dentro do prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da notificación da resolución. No escrito de preparación o apelante limitarase a citar a resolución apelada e manifestará a súa vontade de interpoñer recurso, con expresión dos pronunciamentos que impugna.

Expídase testemuña desta sentenza para a súa unión aos autos. Así Así por esta miña sentenza pronúncioo, mándoo e asínoo».

Expido este edicto para a súa publicación e para que sirva de notificación á demandada Mirtha Lidia Navatta, en situación de rebeldía.

Padrón, o once de febreiro de dous mil dez.

Luis Fernández-Arias González

Secretario xudicial