DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 31 de marzo de 2010 Páx. 4.831

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

ANUNCIO do 4 de marzo de 2010, da Dirección da Área Sanitaria de Ferrol, polo que se procede a dar publicidade á Resolución LD-01/2010, da mesma data, pola que se convoca, para a súa provisión polo sistema de libre designación, un posto de xefe de servizo de persoal.

A citada resolución estará exposta, na mesma data da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, nos taboleiros de anuncios da Área Sanitaria de Ferrol e na páxina web do Sergas.

A solicitude poderá presentarse no prazo de quince (15) días desde o seguinte ao desta publicación.

Ferrol, 4 de marzo de 2010.

Luis Verde Remeseiro

Director da Área Sanitaria de Ferrol