DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 31 de marzo de 2010 Páx. 4.831

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2010, da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefatura de servizo de persoal licenciado sanitario de atención primaria.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de xefatura de servizo, mediante Resolución do 5 de febreiro de 2010 (DOG nº 32, do 17 de febreiro), esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde de 24 de maio de 2006, pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas no artigo 5 j) da Orde do 15 de xuño de 2009, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

ACORDA:

Primeiro.-Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefatura do Servizo de Atención Primaria do Centro de Saúde de Ribeira, convocada pola Resolución do 5 de febreiro de 2010 (DOG nº 32, do 17 de febreiro).

Segundo.-Nomear para o posto convocado a persoa que se indica no anexo desta resolución.

Terceiro.-O aspirante nomeado deberá cesar na praza que desempeña dentro dos tres días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Cuarto.-A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados pola Dirección Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular e será declarado nesa situación polo órgano competente quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto.-Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dentro do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2010.

José Javier Ventosa Rial

Director xerente de Atención Primaria de Santiago de Compostela

ANEXO

Posto de traballo: xefe do Servizo de Atención Primaria do Centro de Saúde de Ribeira.

Nome e apelidos: José Luís Gómez Vázquez.

DNI: 33218374-A.