DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 31 de marzo de 2010 Páx. 4.830

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FACENDA

ORDE do 30 de marzo de 2010 pola que se acepta a renuncia do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1.

Unha vez presentada a renuncia, acordada en sesión do 25 de marzo de 2010, polo tribunal en pleno do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 26 de xuño de 2009, publicada no Diario Oficial de Galicia número 129, do 3 de xullo, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.- Aceptar as renuncias presentadas por Joaquín Macho Canales, presidente; Lorena Otero López, secretaria; Miguel Angel García Cabreros, vogal; Yolanda Gómez González, vogal, Luis Vázquez Caruncho, vogal; José Liñeira Piñeiro presidente suplente; Carmen Salgueiro Moreira, secretaria suplente; Pilar Morgade Saavedra, vogal suplente; Marta Fernández Fernández, vogal suplente; e Francisco Javier Sobrino Garfia, vogal suplente, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1.

Segundo.- Como consecuencia do anterior, queda sen efecto a data fixada pola Resolución do 8 de marzo de 2010, publicada no Diario Oficial de Galicia número 49 do 12 de marzo, para a realización do segundo exercicio da fase de oposición, polo que queda pendente a súa determinación ata o nomeamento dun novo tribunal de selección.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2010.

Marta Fernández Currás

Conselleira de Facenda