DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 31 de marzo de 2010 Páx. 4.686

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

ORDE do 29 de marzo de 2010 para a asignación de 2.325 MW de potencia na modalidade de novos parques eólicos en Galicia.

A consecución dos obxectivos da política enerxética formulada polo Goberno galego, como son a redución da dependencia enerxética do exterior e a instrumentación das medidas axeitadas para combater o cambio climático conseguindo unha substancial redución da emisión de gases efecto invernadoiro, fixo que se establecese un novo marco regulatorio para o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia que fose capaz de garantir dun xeito indubidable a continuidade do desenvolvemento do sector, suxeitándose a un procedemento transparente e eficaz.

Ao mesmo tempo, o Goberno galego, no marco da súa planificación enerxética, fixou como obxectivo no ámbito da enerxía eólica, acadar no ano 2012 unha potencia autorizada en Galicia de 6.500 megawatt.

O anteriormente exposto determinou a aprobación da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental que no seu título IV, artigos 27 a 41, regula o réxime de autorización administrativa para a instalación de parques eólicos, con especial atención ao procedemento administrativo que debe seguirse e que se basea nunha fase de selección previa de anteproxectos e no outorgamento final da autorización, facendo previsión doutros aspectos relevantes como o réxime de fianzas e a transmisión das autorizacións eólicas.

Así mesmo, segundo a exposición de motivos da Lei 8/2009 suposta a competencia autonómica para a ordenación do procedemento e, de acordo coa Directiva 2009/72/CE, do 13 de xullo, sobre normas comúns para o mercado interior da electricidade, esta lei configura un procedemento de autorización administrativa precedido dun trámite de selección competitiva que, sen desvirtuar a natureza autorizatoria do procedemento, se adecua á especificidade do sector da enerxía eólica. A seguridade da subministración, manifestada en limitacións derivadas da cota e das redes de transporte, a protección ambiental, a promoción das novas tecnoloxías e, en xeral, as potestades administrativas de planificación na materia derivadas das obrigas de sector público xustifican sobradamente a adopción do procedemento elixido que, así mesmo, desde unha planificación racional dos tempos que se seguirán e das necesidades que se satisfarán, establece convocatorias periódicas para autorizacións de parques eólicos por

grupos de ADE.

Neste mesmo sentido é preciso destacar que o tribunal supremo examinou a materia da enerxía eólica en pronunciamentos recentes, de entre os que cómpre destacar a sentenza do 30 de xaneiro de 2007, na que respecto do sector eléctrico recoñece unha certa intervención pública e o carácter de sector necesariamente regulado e sinala que a circunstancia de que as autorizacións teñan carácter regrado e se rexan polos principios de obxectividade, transparencia e non-discriminación non é incompatible coa exixencia de que aqueles que as soliciten deban acreditar, entre outros aspectos, as condicións de eficiencia enerxética das instalacións propostas.

Igualmente a Directiva 2006/123/CE, do 12 de decembro, relativa aos servizos no mercado interior, aínda que non resulte directamente aplicable a este sector, admite, utilizando a mesma lóxica, a opción de autorización con selección cando o número de autorizacións dispoñibles para unha determinada actividade estea limitado debido á escaseza de recursos naturais ou das capacidades técnicas que se poidan empregar.

A Dirección Xeral de Industria e Enerxía ten levado a cabo distintos estudos de estabilidade eléctrica, en consonancia con estudos achegados polo operador do sistema, para os efectos de determinar a potencia que se prevé poida ser conectada nas distintas zonas eléctricas en que se divididiu Galicia, xa que a dita Lei 8/2009 establece no seu artigo 28 que a consellería competente en materia de enerxía determinará mediante orde as cotas de potencia en megawatt que se concederán para cada grupo de áreas de desenvolvemento eólico (ADE) adscritas a un mesmo nodo de potencia.

Así mesmo, débese ter moi presente que o desenvolvemento deste tipo de xeración eléctrica de orixe eólica debe producirse baixo a premisa do respecto ao ambiente, polo que a futura instalación de parques eólicos debe ir acompañada dun conxunto de medidas que minimice a afección ao ambiente, observando o establecido na normativa e demais instrumentos de planeamento territorial e ambiental da Xunta de Galicia.

Por outra banda, tal e como se prevé na Lei 8/2009, a eficiencia enerxética das instalacións eólicas constitúe un criterio importante á hora de avaliar as diferentes solicitudes de asignación de potencia. Ademais, hai que ter en conta que o desenvolvemento deste tipo de enerxía xera impactos económicos positivos, tanto para a sociedade galega en xeral, como para o desenvolvemento e diversificación das fontes enerxéticas da comunidade, en particular.

Polo que se refire ao impacto socioeconómico, este tradúcese en maiores posibilidades de investimento, creación de postos de traballo especializados e a consolidación dun novo tecido empresarial en sectores tecnolóxicos vinculados ás enerxías renovables. Deste modo, mediante esta convocatoria preténdese valorar o grao de contribución das instalacións eólicas a mellorar o desenvolvemento económico de Galicia. Todo iso dentro do máximo respecto aos principios que recoñecen a libre iniciativa empresarial, posto que se pondera razoablemente a valoración deste criterio dentro do conxunto de criterios desta convocatoria.

O devandito obxectivo conséguese de conformidade co previsto no artigo 34.1º d) do dito texto legal, ao establecer que nos supostos de selección en competencia se terá en conta, entre outros criterios de avaliación, a presentación xunto coa solicitude do compromiso firme e periodificado dun proxecto de natureza industrial na comunidade autónoma. Do mesmo xeito, establécese no artigo 34.2º do citado texto legal que a concreción e o valor de cada un dos criterios de avaliación se efectuará na orde de convocatoria.

Para facer efectivo ese compromiso que conta coa habilitación legal, non hai dúbida que é necesario prever nesta orde garantías para poder asegurar a execución dos proxectos de natureza industrial presentados cuns criterios proporcionais e de carácter subsidiario.

Todo o exposto levarase a cabo con estrito cumprimento da normativa básica estatal recollida na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

De conformidade co previsto no artigo 34 da Lei 1/1983 do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia e o Decreto 324/2009, do 11 de xuño polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

1.1. Mediante esta orde ábrese a convocatoria pública para a selección de novos parques eólicos na Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o procedemento establecido na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, e apróbanse as bases que rexerán o proceso de selección de anteproxectos de parques eólicos no suposto de que este procedese.

1.2. A potencia máxima que se tramitará ao abeiro desta orde será de 2.325 megawatt. A dita potencia estará distribuída en dez zonas, que engloban as áreas de desenvolvemento eólico (ADE) recollidas no Plan Sectorial Eólico de Galicia, nas cales será posible presentar proxectos de parques eólicos ao abeiro desta orde. As coordenadas UTM correspondentes á división xeográfica das zonas de ADE inclúense no anexo I a esta orde, e recóllense na seguinte táboa as potencias máximas que será posible seleccionar en cada unha delas:

Ver referencia pdf "06100D008P054.PDF"

Establécese unha potencia máxima de selección en proxectos de repotenciación de parques eólicos existentes presentados ao abeiro desta orde de 200 MW.

1.3. A potencia máxima dos parques eólicos seleccionados dun mesmo solicitante será de 350 MW, agás daqueles proxectos eólicos que teñan asociado un plan industrial de especial transcendencia para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia, que será determinado pola Comisión de Valoración motivando suficientemente a especial transcendencia baixo parámetros obxectivos. Para estes efectos as solicitudes presentadas por promotores que pertenzan a un mesmo grupo de empresas entenderanse como solicitudes dun mesmo promotor, de conformidade co previsto no artigo 42 do Código de Comercio.

1.4. No anexo II a esta orde recóllense as áreas do Plan eólico sectorial de Galicia en que é posible solicitar parques eólicos ao abeiro desta orde, coa indicación da zona en que se atopan, e reflectirase ademais a potencia máxima que se instalará en cada unha delas.

Artigo 2º.-Prazo e lugar de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será de tres meses contados a partir do día 19 de abril.

Para a súa presentación ante o director xeral competente en materia de enerxía as solicitudes dirixiranse ao Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e poderanse presentar en calquera das oficinas de rexistro propias ou concertadas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, reguladas no Decreto 164/2005, do 16 de xuño (DOG nº 121, do 24 de xuño), ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No suposto de presentar as solicitudes nun rexistro distinto do rexistro xeral da Xunta de Galicia, o solicitante deberá remitir copia da súa solicitude ao fax (981 54 15 15) do Instituto Enerxético de Galicia, ou á conta de correo cei.parqueseolicos2010@xunta.es no mesmo día de presentación.

Artigo 3º.-Requisitos das solicitudes.

3.1. Na páxina web da Consellería de Economía e Industria (http://economiaeindustria.xunta.es) está dispoñible o arquivo informático «Parques2010» con que, unha vez cuberto, se xeran automaticamente os modelos de solicitude que os representantes deben asinar e presentar segundo se recolle no artigo anterior. Este arquivo informático deberase incluír coa documentación dixital tal e como se recolle no anexo III.

3.2. A documentación que se xunte ao modelo de solicitude xerado co arquivo «Parques2010» deberá reunir os requisitos establecidos no artigo 29 da Lei 8/2009 e estar debidamente identificada e organizada tal e como se establece no anexo III desta orde. No caso de discrepancia entre os contidos dos arquivos dixitais e do formato en papel, prevalecerá o contido deste último formato.

3.3. Cada solicitante soamente poderá presentar unha única solicitude para cada unha das zonas, esta limitación é aplicable a aquelas empresas pertencentes ao mesmo grupo empresarial, vinculadas por unha relación de control directa ou indirecta, análoga ás previstas no artigo 42 do Código de Comercio para os grupos de sociedades. Esta solicitude por zona poderá recoller varios parques eólicos correspondentes ás distintas áreas de desenvolvemento eólico que integran cada unha delas, e en todo caso soamente se poderá propoñer un único parque eólico por cada unha das áreas de desenvolvemento eólico.

3.4. O incumprimento desta prohibición suporá a exclusión de todas as solicitudes da empresa ou empresas que incorresen no dito incumprimento, así como a incautación da garantía provisional presentada xunto a solicitude e documentación acreditativa. Para estes efectos, toda a documentación que se presente estará en galego ou en castelán, e a calquera documentación expresada noutro idioma distinto xuntarase tradución xurada. Así mesmo, toda a documentación estará compulsada no caso de que non se acheguen os orixinais.

Artigo 4º.-Xustificación das capacidades dos solicitantes.

Os solicitantes deberán presentar xunto coa súa solicitude a documentación acreditativa da súa capacidade legal, técnica e económica de conformidade co disposto no artigo 29.2º a) da Lei 8/2009. A documentación acreditativa dos requisitos recollidos neste artigo entregarase segundo o establecido no anexo III.

4.1. Capacidade legal.

1. Os solicitantes deberán xustificar a capacidade legal para poder participar na selección de anteproxectos eólicos, acreditándoa nos seguintes termos:

a) Se o solicitante é persoa física, os documentos que acrediten a súa personalidade ou copias compulsadas de tales documentos.

b) Se o solicitante é persoa xurídica, xuntarase escritura de constitución e, de ser o caso, das modificacións desta, debidamente inscritas no Rexistro Mercantil ou copias compulsadas de tales documentos.

c) Cando se trate de promotores non españois que sexan nacionais de estados membros da Unión Europea acreditarase pola súa inscrición no rexistro procedente de acordo coa lexislación do Estado onde están establecidos ou mediante a presentación dunha declaración responsable ou un certificado de acordo coas disposicións comunitarias de aplicación. Os restantes promotores deberán acreditar a súa capacidade de obrar mediante informe da Misión Diplomática Permanente de España no Estado correspondente ou da oficina consular en cuxo ámbito territorial radique o domicilio do solicitante.

d) As persoas físicas ou xurídicas estranxeiras de estados non pertencentes á Unión Europea, poderán participar no procedemento se, ademais de cumprir os requisitos do punto anterior, tamén cumpren os seguintes:

a) Pertencer a un país en que exista reciprocidade para os nacionais españois.

b) Dispoñer dun enderezo fiscal en España para os efectos deste procedemento.

c) Cumprir as condicións que a lexislación de contratación pública require para contratar cos estranxeiros ao abeiro do previsto no artigo 44 da Lei 30/2007, de contratos do sector público.

As persoas físicas ou xurídicas estranxeiras manifestarán expresamente o seu sometemento á xurisdición dos tribunais españois para todas as incidencias que puidesen derivar deste procedemento.

4.2. Capacidade técnica.

Igualmente os solicitantes deberán xustificar a capacidade técnica para poder participar na selección de anteproxectos eólicos, acreditándoa nos seguintes termos:

a) Ter exercido a actividade de produción de enerxía eléctrica durante, polo menos, os últimos tres anos.

b) Contar cun socio que participe no capital social cunha porcentaxe igual ou superior ao 25 por 100 e que poida acreditar a súa experiencia durante os últimos tres anos na actividade de produción de enerxía eléctrica.

c) Ter subscrito un contrato de asistencia técnica por un período de tres anos cunha empresa que acredite experiencia na actividade de produción de enerxía eléctrica.

Os solicitantes deberán acreditar a experiencia da que dispoñen sinalando as instalacións obxecto de explotación en que participen e a potencia instalada en cada caso. No suposto de ser instalacións situadas fóra da comunidade autónoma, deberase acreditar a titularidade destas mediante certificado emitido pola Administración competente para a súa autorización.

4.3. Capacidade económica.

Os solicitantes deberán xustificar que posúen fondos propios que supoñan como mínimo o 25% do investimento (orzamento de execución por contrata, incluída a infraestrutura de evacuación) necesario para a realización do conxunto dos parques eólicos solicitados. Para os efectos deste cálculo, o investimento computado non poderá ser en ningún caso inferior ao valor resultante de multiplicar o número de megawatt dos parques solicitados por 1 millón de euros. En todo caso, non será necesario acreditar un valor de fondos propios superior a 50 millóns de euros, independentemente da potencia eólica solicitada.

Dentro dos termos desta orde entenderase por fondos propios o concepto recollido no Real decreto 1514/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o Plan xeral de contabilidade.

Atendendo ao artigo 4º.1 os solicitantes poden ser persoas xurídicas ou físicas; para cada un destes casos a acreditación dos fondos propios farase do seguinte xeito:

4.3.1. Persoas xurídicas.

No caso das persoas xurídicas, a capacidade económica poderase xustificar indistintamente mediante os fondos propios que acredite a sociedade solicitante ou os que acrediten os socios ou accionistas directos da sociedade solicitante.

Cando a capacidade económica a xustifique un socio, deberase xuntar unha certificación do órgano de administración da sociedade solicitante en que conste que o socio ou accionista que acredita a capacidade conta cunha participación igual ou superior ao 25%, así como a porcentaxe de participación de cada un. Xuntarase tamén por parte do órgano de administración de cada un dos socios ou accionistas do solicitante con participación igual ou superior ao 5%, unha certificación en que conste o compromiso de facilitar o investimento necesario para a execución do proxecto por parte da sociedade solicitante.

A existencia dos fondos propios necesarios en contía igual ou superior ao 25% do investimento necesario para o conxunto dos parques eólicos solicitados será acreditada mediante a presentación das correspondentes contas anuais do solicitante ou, de ser o caso, dos socios ou accionistas que participen directamente no seu capital social. A tal efecto, achegarase orixinal ou copia compulsada das contas anuais debidamente aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil correspondentes ao último exercicio pechado. Para o caso de sociedades legalmente obrigadas á revisión de contas, achegarase tamén orixinal ou copia compulsada do correspondente informe de auditoría.

No caso de que a sociedade forme parte dun grupo de sociedades con obriga de consolidación contable, presentaranse igualmente as contas anuais consolidadas correspondentes ao último exercicio pechado.

No caso de sociedades que non cumpran os requisitos para ter contas depositadas no Rexistro Mercantil, por algunha das seguintes causas:

1. Porque teñan pechadas as contas correspondentes ao primeiro exercicio de actividade pero non teñan as contas anuais depositadas no Rexistro Mercantil por non ter esgotado o prazo legal para o seu depósito. Neste suposto achegaranse as contas anuais pechadas formuladas de conformidade cos principios e normas contables xeralmente aceptados, xunto cunha certificación do órgano de administración, segundo o modelo A.

2. Porque sexan sociedades de recente constitución e aínda non teñan cumprido o primeiro exercicio económico. Neste caso, achegarase o balance de situación e a conta de perdas e ganancias formuladas de conformidade cos principios e normas contables xeralmente aceptados, xunto cunha certificación do órgano de administración, segundo modelo B.

No caso das persoas xurídicas, cada partícipe na sociedade deberá declarar que porcentaxe dos seus fondos propios compromete en cada solicitude, de xeito que en ningún caso os seus compromisos nas distintas solicitudes que presente poidan superar o cen por cento dos seus fondos propios. En caso contrario a garantía regulada no artigo 5º será incautada en todas as solicitudes en que o incumpridor comprometese a participación de fondos propios.

4.3.2. Persoas físicas.

No tocante ás obrigas contables das persoas físicas para os efectos de acreditar a capacidade económica, poderana demostrar dalgún dos seguintes xeitos:

1. Achegar as contas anuais debidamente depositadas no Rexistro Mercantil, cando estean obrigados a levar unha contabilidade de acordo co Código de Comercio.

2. Achegar as contas anuais de acordo co Código de Comercio ou alternativamente os libros de rexistro obrigatorio exixidos pola Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas e de modificación parcial das leis dos impostos sobre sociedades, sobre a renda de non-residentes e sobre o patrimonio (BOE do 29 de novembro).

4.4. Grupo de sociedades.

No suposto de que no procedemento participe unha persoa xurídica que forme parte dun grupo de sociedades, segundo a definición do número 1 do artigo 42 do Código de Comercio, para os efectos deste terase en conta para a valoración da súa solvencia económica-financeira e técnica a calquera outra ou outras sociedades pertencentes ao grupo, sempre e cando acrediten a posta á disposición da persoa xurídica que leve a cabo a solicitude dos medios necesarios para a execución das obrigas asumidas en virtude deste procedemento.

Para acreditar a existencia de fondos propios suficientes neste caso concreto, realizarase da seguinte forma:

1. No caso de que a sociedade solicitante forme parte dun grupo de sociedades con obrigas de consolidación contable, presentaranse as contas anuais consolidadas correspondentes ao exercicio cerrado debidamente aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil. Deberá xuntarse tamén un certificado do órgano de administración da sociedade solicitante en que conste a pertenza a ese grupo de sociedades, segundo a definición do número 1º do artigo 42 do Código de Comercio.

2. No suposto de que a sociedade solicitante forme parte dun grupo de sociedades sen obriga de consolidación contable, presentaranse as contas anuais correspondentes ao derradeiro exercicio pechado debidamente aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil daquela sociedade ou sociedades do grupo con que se xustifica o cumprimento da cifra de fondos propios. Deberase xuntar tamén un certificado do órgano de administración da sociedade ou sociedades que xustifican a cifra de fondos propios conforme pertencen ao mesmo grupo de sociedades que a solicitante, segundo a definición do número 1 do artigo 42 do Código de Comercio.

Artigo 5º.-Garantía para a presentación de solicitudes.

5.1. Cada promotor deberá presentar xunto coa documentación acreditativa das capacidades xustificante da Caixa Xeral de Depósitos de ter depositado unha garantía provisional equivalente a 20.000 € por cada MW de potencia eólica solicitada cun límite máximo de 7.000.000 de € a favor da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, mediante un aval solidario e ao primeiro requirimento prestado por unha entidade financeira autorizada para poder operar en España.

5.2. A citada garantía será retida ao solicitante cuxos parques sexan seleccionados, ata o inicio da fase do procedemento de autorización, nos termos dos artigos 29.2º e) da Lei 8/2009.

Artigo 6º.-Características dos parques eólicos presentados.

6.1. Tanto as novas subestacións de transformación como todos os aeroxeradores dos parques eólicos presentados ao abeiro desta convocatoria deberán estar incluídos dentro dunha poligonal que deberá estar dentro dunha das áreas de desenvolvemento eólico recollidas no anexo II. No caso de que a subestación proxectada estea fóra destas áreas, o parque eólico será excluído do proceso de selección; no caso de que un ou varios aeroxeradores estean situados fóra destas áreas, os aeroxeradores afectados serán excluídos do proceso de selección.

6.2. Cada parque eólico deberá estar situado unicamente nunha das áreas de desenvolvemento eólico do anexo II, e non se permitirá, polo tanto, que un mesmo parque eólico estea situado en dúas ou máis destas áreas.

6.3. En virtude do artigo 31 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, quedan excluídos da implantación de parques eólicos aqueles espazos naturais declarados como zonas de especial protección dos valores naturais para formar parte da Rede Natura 2000, consonte a normativa vixente en cada momento, agás os proxectos de repotenciación que afectan parques eólicos en funcionamento que se atopen en Rede Natura.

6.4. Co fin de que os novos parques non interfiran (por efectos de proximidade) cos parques eólicos que estean en funcionamento, autorizados ou en tramitación, non se deberán incluír nas solicitudes aeroxeradores que disten menos de 1.250 metros nas direccións correspondentes ao 1º (+,+) e 3º (-,-) cuadrante, nin menos de 750 metros nas direccións correspondentes ao 2º (-,+) e 4º (+,-) cuadrante. Para os efectos da determinación desta dirección, terase en conta a liña recta que una o aeroxerador solicitado co aeroxerador do parque que xa está en funcionamento, autorizado ou en fase de tramitación administrativa, utilizando un sistema de coordenadas cartesianas co norte orientado no eixe +y.

No caso de que algunha solicitude inclúa aeroxeradores que non cumpran estes límites de distancia, desbotaranse as posicións dos aeroxeradores afectadas, reducíndose a potencia total do parque e, polo tanto, valorándose a todos os efectos sen considerar as ditas posicións.

6.5. Os aeroxeradores de cada parque eólico deberán gardar unha distancia mínima entre eles de 3 diámetros de rotor nas direccións correspondentes ao 1º e 3º cuadrante, e unha distancia mínima de 1,5 diámetros de rotor nas direccións correspondentes ao 2º e 4º cuadrante. Para os efectos da determinación desta dirección, terase en conta a liña recta que une os distintos aeroxeradores do parque eólico, utilizando un sistema de coordenadas cartesianas co norte orientado no eixe +y. Os pares de aeroxeradores de parques eólicos solicitados que non garden estas distancias mínimas serán excluídos da proposta do parque para todos os efectos.

6.6. As exclusións ou diminucións de potencia indicadas nos números anteriores non afectarán os cálculos das propostas relativas ao plan industrial (investimento/MW e empregos/MW), indicados no anexo V.

6.7. Os proxectos de repotenciacións presentados ao abeiro desta convocatoria deberán aplicarse sobre parques eólicos que estean en explotación, instalados en Galicia, cuxa tramitación e autorización corresponda á Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do réxime competencial establecido no artigo 27.13º do seu Estatuto de autonomía, sempre e cando non cumpran as condicións recollidas na disposición transitoria sétima do Real decreto 661/2007, do 25 de maio, polo que se regula a actividade de produción de enerxía eléctrica en réxime especial.

Para estes efectos, terá a consideración de repotenciación aquela autorización administrativa de modificación dun parque eólico preexistente en explotación que, modificando ou mantendo a potencia instalada deste, supoña a substitución dos aeroxeradores en funcionamento por outros de maior potencia unitaria.

6.8. Os parques eólicos solicitados deberán incluír, ademais de toda a documentación técnica necesaria e descrita no anexo III e a documentación indicada no artigo 29.2º da Lei 8/2009, así como un estudo de viabilidade que inclúa, como mínimo, os seguintes puntos:

1. Volume de investimento total que se acometese, desagregado por partidas: obra civil, aeroxeradores, infraestrutura eléctrica, evacuación, etc., especificando o total do investimento que se executará máis o IVE correspondente.

2. Cronograma previsto para o investimento.

3. Detalle das fontes de financiamento que se utilizarán, tanto propias como alleas.

4. Ingresos agardados pola explotación do parque durante toda a súa vida útil.

5. Gastos operativos desagregados por categorías, durante a vida útil do parque.

6. Política de amortización para cada grupo de activo.

7. Análise da solvencia da sociedade explotadora do parque, incluíndo o rateo de cobertura do servizo da débeda.

8. Análise da rendibilidade do proxecto, calculando o valor actual neto (VAN) e a taxa interna de retorno (TIR).

9. Contas anuais previsionais da sociedade explotadora do parque ao longo de toda a súa vida útil: balance, conta de perdas e ganancias, e estudo de fluxos de tesouraría.

Artigo 7º.-Características dos plans de natureza industrial presentados.

7.1. Definición.

Co fin de maximizar o impacto socioeconómico da potencia eólica seleccionada, os solicitantes poderán presentar plans de natureza industrial para a súa valoración, preferentemente vinculados co sector enerxético.

Os plans de natureza industrial deberán estar valorados economicamente e contar cun estudo de viabilidade, que deberá contar, como mínimo, cos seguintes puntos:

1. Breve descrición do(s) proxecto(s) incluídos no plan industrial.

2. Plan de investimentos que se acometerán, indicando partidas, volume e cronograma previsto.

3. Plan financeiro do proxecto, con detalle das fontes de financiamento que se utilizarán, tanto propias como alleas.

4. Plan de explotación do proxecto, indicando detalle dos ingresos e custos operativos previstos, desagregados por categorías.

5. Análise da rendibilidade do proxecto, calculando o valor actual neto (VAN) e a taxa interna de retorno (TIR).

6. Contas anuais previsionais do proxecto cunha proxección mínima de dez exercicios: balance, conta de perdas e ganancias, e estudo de fluxos de tesouraría.

Os plans presentados serán obxecto dunha análise técnico-económica, co fin de garantir a súa viabilidade.

Para realizar a valoración destes plans industriais, consideraranse os investimentos en activos fixos tanxibles, en euros/MW solicitados, así como os empregos que se crearán no desenvolvemento do plan, en empregos/MW solicitados, ponderados tal e como se analiza no anexo V desta orde.

Tras a selección dos mellores proxectos presentados, o titular quedará comprometido a executar no desenvolvemento do seu plan industrial uns investimentos en activos fixos tanxibles resultantes de multiplicar a potencia eólica que se lle seleccionou pola súa proposta en euros/MW solicitado, así como a crear un número de empregos resultantes de multiplicar a potencia eólica que se lle seleccionou pola súa proposta en empregos/MW solicitados.

Co obxectivo de asegurar a execución das actuacións incluídas dentro dos plans de natureza industrial, independentemente da potencia seleccionada a cada solicitante, establécese un procedemento de proposta de plans industriais tal e como se describe no seguinte punto.

7.2. Efectuada a selección dos proxectos presentados, e asignada a cantidade de megawatt a cada un deles, os titulares destes quedarán comprometidos a executar o plan industrial asociado que foi avaliado.

Co obxectivo de asegurar a execución do compromiso firme e periodificado dun proxecto de desenvolvemento de natureza industrial na Comunidade Autónoma de Galicia, tal é como se establece no artigo 34 d) da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, establécese o seguinte procedemento:

7.2 a) O solicitante no momento en que formalice a súa solicitude fixará unha potencia mínima de megawatt a partir da cal se compromete ao desenvolvemento íntegro do plan industrial presentado.

7.2 b) No caso de que a potencia seleccionada en favor dun titular, en todos os seus parques, supere a potencia mínima de compromiso incluída na solicitude, deberá desenvolver o seu plan industrial integramente.

7.2 c) No suposto de que a potencia seleccionada en favor dun titular, en todos os seus parques, sexa menor á potencia mínima de compromiso incluída na solicitude, o solicitante poderá optar entre as seguintes situacións:

1. Renunciar á súa solicitude, polo que pasarán a ser seleccionados os parques mellor situados na lista de reserva.

2. Monetarizar o seu plan industrial, que consistirá en multiplicar o número de megawatt que foron adxudicados polo rateo €/MW que foi tido en conta para avaliar o proxecto industrial, ingresando a citada cantidade no fondo de capital-risco (Sogida) do Igape co fin de financiar proxectos industriais de igual ou análoga natureza. Será de aplicación a Lei 25/2005, do 24 de novembro, reguladora das entidades de capital risco, respecto aos dereitos e as achegas dos que realicen os partícipes ao dito fondo.

O prazo para proceder ao ingreso no fondo de capital-risco (Sogiga) do Igape efectuarase no prazo dun mes desde a posta en funcionamento do/s parque/s.

Artigo 8º.-Criterios de valoración.

Para levar a efecto a selección dos anteproxectos de parques eólicos, de ser necesaria, realizarase unha valoración de cada un dos parques eólicos coa puntuación máxima de 100 puntos, con base nos seguintes criterios de valoración:

a) Nivel tecnolóxico e eficiencia enerxética das instalacións que conforman os parques eólicos, cunha puntuación máxima de 3 puntos, desagregada nos seguintes puntos:

a.1. Torre anemométrica (puntuación máxima: 1 punto).

a.2. Potencial eólico (puntuación máxima: 2 puntos).

b) Menores afeccións ambientais, cunha puntuación máxima de 21 puntos, desagregada nos seguintes puntos:

b.1. Potencia do aeroxerador (puntuación máxima: 2 puntos).

b.2. Impacto ambiental da subestación de transformación (puntuación máxima: 5 puntos).

b.3. Implantación de liñas de interconexión soterradas (puntuación máxima: 5 puntos).

b.4. Impacto ambiental e patrimonial sobre a zona (puntuación máxima: 9 puntos), desagregado da seguinte forma:

b.4.1. Distancia dos aeroxeradores a lugares incluídos na Rede Galega de Espazos Protexidos (3 puntos).

b.4.2. Distancia dos aeroxeradores ás ZEPA e IBA (3 puntos).

b.4.3. Afección dos aeroxeradores ás unidades paisaxísticas incluídas no POL (3 puntos).

c) Influencia no desenvolvemento da rede eléctrica de distribución ou transporte, cunha puntuación máxima de 3 puntos:

c.1. Cesión da subestación de transformación para o seu uso como infraestrutura de distribución (puntuación máxima: 3 puntos).

d) Compromiso firme e periodificado dun proxecto de desenvolvemento de natureza industrial na Comunidade Autónoma de Galicia, cunha puntuación máxima de 55 puntos, desagregada nos seguintes puntos:

d.1. Plan de desenvolvemento de natureza industrial (puntuación máxima: 55 puntos), desagregado da seguinte forma:

d.1.1. Valoración dos investimentos que se realizarán en activos fixos tanxibles no desenvolvemento do plan industrial, en euros/MW solicitado (28 puntos).

d.1.2. Valoración do número de empregos que se xerarán no desenvolvemento do plan industrial, en empregos/MW solicitado (27 puntos).

e) Presentación de plan de restauración en fase de obra e desmantelamento (puntuación máxima: 2 puntos).

f) Compromiso firme de repotenciación de parques eólicos xa existentes que supoña a redución do número de aeroxeradores instalados neles (puntuación máxima: 3 puntos).

g) Outros factores, cunha puntuación máxima de 13 puntos, desagregada nos seguintes puntos:

g.1. Investimentos nos concellos afectados (puntuación máxima: 2 puntos).

g.2. Investimentos en plans enerxéticos da Xunta de Galicia (puntuación máxima: 4 puntos).

g.3. Pagamentos a favor dos propietarios dos terreos en que se vaia implantar o parque eólico (puntuación máxima: 7 puntos).

A metodoloxía que se levará a cabo na puntuación das solicitudes detállase no anexo V.

Artigo 9º.-Comisión de Valoración.

9.1. A avaliación das solicitudes será realizada por unha Comisión de Valoración que estará constituída por un presidente e cinco vogais coa seguinte distribución:

Presidente: nomeado polo conselleiro de Economía e Industria.

Vogais: cinco vogais designados polos titulares das consellerías con competencias en materia de:

-3 vogais de Industria.

-1 vogal do Igape.

-1 vogal de Medio Ambiente.

-1 vogal de Urbanismo.

9.2. A Comisión de Valoración estará asistida por un secretario, que será funcionario público, con voz e sen voto, nomeado polo titular da dirección xeral con competencias en materia de enerxía.

A Comisión de Valoración, por proposta do seu presidente, poderá designar asesores para a correcta execución das súas funcións, os cales terán voz pero non voto nas decisións que se adopten na comisión.

Artigo 10º.-Emenda da documentación.

Unha vez presentada a documentación segundo o recollido nesta orde, a Comisión de Valoración referida no artigo 9º procederá á apertura e exame das solicitudes. A dirección xeral con competencias en materia de enerxía por petición da Comisión de Valoración requirirá os interesados para que, de ser o caso, corrixan os defectos de natureza emendable e deberán presentar a documentación que lles sexa requirida no prazo máximo de dez días naturais, coa indicación de que, de non achegar a citada documentación, se lle terá por desistido da súa solicitude.

Así mesmo, os solicitantes estarán obrigados a presentar calquera documentación que adicionalmente lles solicite a Comisión de Valoración, no prazo que se indique.

Artigo 11º.-Avaliación das solicitudes.

11.1. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes e emendada a documentación destas, e previamente ao inicio do proceso de avaliación realizarase a comprobación das capacidades (legal, técnica ou económica) segundo os termos establecidos nesta orde. A aqueles solicitantes que non acrediten debidamente algunha das capacidades teráselles por excluídos de conformidade coa resolución que se dite segundo o establecido nos artigos 32 e 35.2º da Lei 8/2009.

11.2. Unha vez terminada a fase de comprobación dos requisitos comezará o proceso de avaliación, mediante a baremación dos criterios establecidos no artigo 8º.

Artigo 12º.-Proposta de resolución da Comisión de Valoración.

12.1. Unha vez avaliadas as solicitudes, a Comisión de Valoración emitirá a proposta de resolución que lle remitirá ao director xeral de Industria, Enerxía e Minas, en que se recollerá para cada unha das zonas de áreas de desenvolvemento eólico unha lista ordenada das solicitudes admitidas presentadas en función das puntuacións acadadas na fase de valoración. Así mesmo farase pública na páxina web da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas a listaxe de suplentes por zonas de maneira priorizada por puntuacións.

12.2. O último parque seleccionado dentro de cada unha das dez zonas será aquel que provocaría que, de ser seleccionado de forma completa, faría que a potencia na zona acumulada igualase ou superase o límite establecido no artigo 1º. A potencia que poderá desenvolver o titular neste parque será a restante ata cubrir os ditos límites.

12.3. No caso de producirse solapamento de dous ou máis parques eólicos que, pola súa valoración, fosen susceptibles de ser seleccionados, e co fin de que os novos parques non produzan efectos de proximidade entre eles, non se admitirán posicións de aeroxeradores de parques que correspondan a distintos promotores que disten menos de 1.250 metros nas direccións correspondentes ao 1º e 3º cuadrante, nin menos de 750 metros nas direccións correspondentes ao 2º e 4º cuadrante. Para os efectos da determinación desta dirección, terase en conta a liña recta que una os aeroxeradores, utilizando un sistema de coordenadas cartesianas co norte orientado no eixe +y. No caso de que existan posicións de parques eólicos de distintos solicitantes que non cumpran estes límites de distancia, desbotaranse as posicións dos aeroxeradores afectadas do parque con menor puntuación, reducíndose a potencia total do parque. Realizada a dita minoración, sempre e cando o parque siga mantendo como mínimo o 75% da

potencia solicitada, realizarase unha nova valoración para os efectos da súa selección. No caso de que a potencia resultante non chegue ao 75% da potencia inicial o parque quedará excluído.

Artigo 13º.-Resolución.

13.1. Recibida a proposta de resolución feita pola Comisión de Valoración, o cirector xeral de Industria, Enerxía e Minas emitirá resolución de asignación de potencia eólica onde se recollerán os anteproxectos seleccionados para cada unha das zonas de áreas de desenvolvemento eólico recollidas na táboa do artigo 1º desta orde. A resolución de asignación de potencia será notificada a cada un dos solicitantes e publicada no Diario Oficial de Galicia.

13.2. Se transcorrido un prazo de catro meses contados desde a finalización do prazo de presentación de solicitudes a que fai referencia o artigo 29.1º da Lei 8/2009, sen ter ditado resolución, poderanse entender desestimadas todas as solicitudes presentadas.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2010.

Javier Guerra Fernández

Conselleiro de Economía e Industria

ANEXO I

Definición das dez zonas eólicas

Co fin de garantir a evacuación eléctrica dos parques eólicos seleccionados nesta convocatoria, as diferentes áreas de desenvolvemento eólico incluídas na modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Plan Eólico de Galicia, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 5 de decembro de 2002, dividíronse en dez zonas, establecéndose unha cota de potencia máxima eólica que se instalará para cada unha delas con base no seu potencial eólico, capacidade de evacuación e menores afeccións ambientais.

As coordenadas UTM das poligonais de limitación de cada unha das dez zonas, así como as cotas de potencia para cada unha das zonas, que representa a potencia máxima que será posible seleccionar nesta convocatoria nas áreas de desenvolvemento eólico incluídas en cada unha delas, inclúense a continuación:

Ver referencia pdf "06100D008P054.PDF"

ANEXO II

Listaxe de áreas de desenvolvemento eólico por zonas

A continuación detállanse as áreas de desenvolvemento eólico, das incluídas no vixente Plan sectorial eólico de Galicia, para cada unha das dez zonas establecidas no artigo 1º desta orde, en que é posible solicitar parques eólicos ao abeiro desta convocatoria. As distintas áreas clasifícanse en tres tipos:

1. ADE tipo I. Áreas cuxas poligonais están definidas polas coordenadas que se inclúen no Plan sectorial eólico de Galicia.

2. ADE tipo II. Áreas que se reducen con respecto ás que orixinalmente estaban incluídas no Plan sectorial eólico.

3. ADE tipo III. Áreas en que unicamente é posible solicitar repotenciacións de parques existentes, cos requirimentos establecidos nesta orde.

ADE tipo I: áreas cuxas poligonais están definidas polas coordenadas que se inclúen no Plan sectorial eólico de Galicia.

Nas áreas de desenvolvemento eólico incluídas a continuación, cuxas poligonais están definidas no vixente Plan sectorial eólico de Galicia, é posible solicitar novos parques eólicos ou repotenciacións dos xa existentes.

As poligonais envolventes do parque, que non deberán estar en ningún punto a unha distancia menor a 200 metros de ningún aeroxerador do parque proposto, deberá estar de forma íntegra nas áreas.

A potencia máxima reflectida para cada área representa a máxima nova potencia eólica que se desenvolverá, ben sexa en novos parques ou en eventuais incrementos de potencia en repotenciacións.

Ver referencia pdf "06100D008P054.PDF"

ADE tipo II: áreas que se reducen con respecto ás que orixinalmente estaban incluídas no Plan sectorial eólico.

As áreas de desenvolvemento eólico incluídas a continuación están cotadas con respecto ás orixinalmente incluídas no vixente Plan sectorial eólico de Galicia, e anéxanse as coordenadas que definen as poligonais destas novas cotacións. Esta redución unicamente afecta as solicitudes de novos parques (ou ampliacións dos xa existentes).

Polo tanto, nas áreas íntegras, orixinalmente definidas no Plan sectorial eólico, é posible solicitar repotenciacións de parques existentes, cos requirimentos establecidos nesta orde; porén, unicamente se poderán solicitar novos parques (ou ampliacións dos xa existentes) nas novas áreas reducidas, cotadas coas poligonais incluídas neste anexo.

As poligonais envolventes do parque, que non deberán estar en ningún punto a unha distancia menor a 200 metros de ningún aeroxerador do parque proposto, deberán estar de forma íntegra nas áreas (entendendo estas áreas como reducidas para novos parques ou completas para repotenciacións).

A potencia máxima reflectida para cada área representa a máxima nova potencia eólica que se vai desenvolver na ADE orixinalmente incluída no Plan sectorial eólico, ben sexa en novos parques ou en eventuais incrementos de potencia en repotenciacións.

Ver referencia pdf "06100D008P054.PDF"

Morás

Ver referencia pdf "06100D008P054.PDF"

ADE tipo III. Áreas nas que unicamente é posible solicitar repotenciacións de parques existentes, cos requirimentos establecidos nesta orde.

Nas áreas de desenvolvemento eólico incluídas a continuación, cuxas poligonais están definidas no vixente Plan sectorial eólico de Galicia, unicamente é posible solicitar repotenciacións dos parques eólicos xa existentes, cos requirimentos establecidos nesta orde.

A potencia máxima reflectida para cada área representa a máxima nova potencia eólica que se vai desenvolver, en eventuais incrementos de potencia nas ditas repotenciacións.

Ver referencia pdf "06100D008P054.PDF"

ANEXO III

Organización da documentación

A documentación achegarase en formato dixital e formato papel.

A documentación achegada en papel dividirase nos seguintes tomos ou carpetas:

* Carpeta 1: modelos de solicitude normalizada, debidamente cubertos e asinados polo representante legal, obtidos a partir da aplicación «Parques2010». As páxinas de saída da aplicación informática, deberán xuntarse á solicitude, debendo estar todas asinadas polo representante legal do solicitante, e son as seguintes:

-Páxina de datos xerais da empresa.

-Páxina das actuacións diferenciadas do plan industrial.

-Páxina da listaxe de parques eólicos solicitados.

-Unha páxina resumo para cada un dos parques solicitados.

* Carpeta 2: documentación administrativa. Incluirá a documentación relativa á capacidade legal, económica e técnica do solicitante, tal e como se describe no artigo 4º desta orde, e o xustificante do pagamento de taxas de presentación dos anteproxectos.

* Carpeta 3: proposta de plan industrial. Incluirá a proposta de plan industrial, exposta co detalle suficiente, e deberá incluír un estudo económico de viabilidade (cos puntos establecidos no artigo 7º.1).

* Carpetas(s) de parques solicitados: incluirá tantas carpetas como parques eólicos solicitados, incluíndo a documentación correspondente a cada parque:

-Anteproxecto de cada instalación visado por técnico competente, que deberá contar, como mínimo, coa seguinte información:

-Información xeral do parque (situación do parque, potencia eléctrica, número de aeroxeradores, coordenadas UTM HUSO 29 ED 1950 dos aeroxeradores, área de desenvolvemento eólico, concello no que se sitúa cada aeroxerador, …).

-Descrición dos criterios xerais de deseño do parque (distancias a núcleos de poboación, elementos inventariados por Patrimonio, estradas segundo a súa categoría, afeccións ambientais, …).

-Instalacións proxectadas: descrición xeral dos aeroxeradores, accesos, gabias, subestación, edificio de control, liña de evacuación.

-Planimetría: plano de situación e planta xeral e planos dos principais elementos que configuran o parque.

-Orzamento total do parque desagregado nas súas principais partidas.

No suposto da presentación de anteproxectos sen o visado correspondente, a dita circunstancia non se considerará como emendable.

-Memoria ambiental relativa ao parque eólico, que deberá contar, como mínimo, coa seguinte información:

-Avaliación do medio.

-Identificación e valoración de impactos.

-Medidas protectoras e correctoras.

-Planimetría ambiental.

-Estudo de potencial eólico do parque, que deberá contar, como mínimo, coa seguinte información:

-Descrición dos datos utilizados para a estimación da produción.

-Metodoloxía de cálculo das producións.

-Estimación da produción bruta e neta do parque co modelo de aeroxerador proxectado.

-Ademais, no caso de que se tivese presentado unha proposta de corrección e mellora dos datos eólicos nas posicións dalgúns dos aeroxeradores, coas condicións establecidas no criterio de valoración a.2. do anexo V, deberán achegarse os resultados da simulación correspondente, tal e como se establece na dita epígrafe.

-Estudo de interconexión eléctrica do parque eólico, no que se indicarán a(s) distinta(s) posibilidad(es) de interconexión eléctrica analizadas para o parque eólico;

-Estudo de viabilidade económica do parque eólico, cos puntos establecidos no artigo 6º.8;

-Documentación acreditativa das torres anemométricas propias utilizadas para a análise do parque eólico, se é o caso, segundo o establecido no punto a.1) do anexo V.

A documentación achegada en formato dixital, en dous lapis de memoria tipo USB, deberá organizarse necesariamente coa seguinte estrutura:

1) Lapis de memoria número 1, debidamente etiquetado co nome (ou abreviatura) do solicitante e o número «1», na que se incluirá organizada a seguinte información:

No directorio raíz deberá incluírse o arquivo «Parques2010», debidamente cuberto.

Neste mesmo directorio raíz deberán crearse 2 carpetas (directorios), cos seguintes nomes:

-·«Administrativa». Incluirá a documentación dixitalizada administrativa de capacidade legal, económica e técnica do solicitante, e o xustificante do pagamento de taxas de presentación dos anteproxectos.

-«Industrial». Incluirá toda a documentación explicativa ao desenvolvemento do plan de natureza industrial presentado, cos documentos necesarios para a súa correcta xustificación. Dentro desta carpeta incluirase unha subcarpeta co nome «Económica», dentro da que se incluirá o estudo de viabilidade do Plan industrial (cos mesmos puntos, como mínimo, que se incluíron anteriormente no referente á documentación a achegar en papel).

2) Lapis de memoria número 2, debidamente etiquetado co nome (ou abreviatura) do solicitante e o número «2», na que se incluirá organizada a seguinte información:

No directorio raíz deberá crearse unha carpeta (directorio), co seguinte nome e organización:

-«Parques». Incluirá, pola súa vez, tantas subcarpetas (directorios) como parques eólicos se soliciten. Cada subcarpeta terá o nome característico do parque eólico, precedido do número que lle corresponda na prelación incluída polo solicitante (Exemplo de nomes das carpetas: «1PETerraCha» «2PEPedraMea», …).

En cada unha destas subcarpetas de parques incluiranse, á súa vez, un máximo de seis subcarpetas:

-«Anteproxecto», que incluirá o anteproxecto coas características mínimas indicadas anteriormente.

-«Ambiental», que incluirá a memoria ambiental coas características mínimas indicadas anteriormente.

-«Potencial», que incluirá o estudo de potencial eólico do parque, coas características mínimas indicadas anteriormente.

-«Económica», que incluirá a análise de viabilidade económica do parque eólico, coas características mínimas indicadas anteriormente.

-«Planos», que incluirá os planos correspondentes ao parque, en formato dwg, indicados anteriormente.

-«Torre» (opcional), que incluirá, de ser o caso, toda a documentación xustificativa da existencia da torre do solicitante na zona do parque eólico, indicada anteriormente, así como os seus datos de medición (tanto en bruto como tratados, cos resultados da súa análise). No caso de que se presenten varias torres para o mesmo parque eólico, deberanse crear tantas subcarpetas como torres se presenten, cos nomes «Torre1», «Torre2», …; nestas subcarpetas incluiranse os datos que afecten a cada unha das torres.

-«Simulación» (opcional), que incluirá, de ser o caso, todos os arquivos informáticos das simulacións realizadas para a proposta de corrección e mellora dos datos eólicos nas posicións dos aeroxeradores, tal e como se detalla no criterio a.2 do anexo V.

Ver referencia pdf "06100D008P054.PDF"

ANEXO V

Criterios de valoración

a) Nivel tecnolóxico e eficiencia enerxética das instalacións que conforman os parques eólicos (máximo: 6 puntos).

A.1. Torre anemométrica (máximo: 1 punto).

Valorarase a realización previa de medicións de datos eólicos (velocidade e dirección) nas proximidades da localización na que se vai implantar o parque eólico, sempre que as medidas fosen realizadas por un período mínimo de 12 meses. As medicións deben ter sido efectuadas polo solicitante ou por un terceiro, sempre que exista un acordo asinado entre eles polo que se permite o uso destes datos nesta convocatoria, documento que deberá achegarse para ter dereito á valoración das medias obtidas pola estación, ademais da documentación que se detalla nos seguintes parágrafos.

Unicamente se terán en conta as torres de medición de máis de 15 metros de altura e que se atopen a menos de 3 km do 50% da potencia do parque eólico, para o que se terán en conta as distintas posicións dos aeroxeradores, podendo presentarse para cumprir estes requisitos unha ou varias torres anemométricas por parque eólico.

Para demostrar estas medicións deberán achegarse todos os documentos dispoñibles dos seguintes: licenza de instalación da torre anemométrica outorgada polo concello correspondente, solicitude de licenza presentada ante o concello, acordo/contrato asinado cos propietarios ou representantes dos Montes veciñais en man común dos terreos nos que se implantou (incluíndo os seus datos de contacto: nome, teléfono e enderezo), factura de instalación de torre na que conste a súa descrición, transferencia de pagamento desta factura, dossier fotográfico da torre e equipos, certificados de calibración, marca, modelo e número de serie dos equipos instalados, facturas dos equipos instalados, etc.

A comisión de valoración poderá adoptar as medidas necesarias para comprobar a veracidade dos datos consignados, realizando tanto verificacións da autenticidade dos documentos achegados como inspeccións visuais aos lugares nos que se sitúa a torre de medición presentada, entrevistas persoais cos propietarios dos terreos, etc.

No caso de que, como resultado destas accións, quedase demostrada a falsidade dos datos, incautarase a garantía provisional especificada no artigo 5º desta orde, correspondente ao parque eólico para o que se incluíu a torre anemométrica.

En calquera dos casos, xuntaranse en formato dixital os datos rexistrados en bruto (orixinais), así como o estudo de potencial eólico da zona na que se vai implantar o parque eólico, realizado a partir dos datos obtidos coa devandita torre anemométrica, e que deberá incluír tabuladas as medias de velocidades mensuais obtidas durante todo o período de medición.

Para aquelas torres anemométricas instaladas polos titulares de plans eólicos empresariais, cuxos resultados do Plan de investigación eólica se enviaron periodicamente ao Instituto Enerxético de Galicia en virtude do establecido no Decreto 205/1995 ou no Decreto 302/2001, polos que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, unicamente será necesario incluír a ficha correspondente á torre, os datos medidos e a súa situación, ademais do estudo de potencial eólico da zona na que se vai implantar o parque eólico, realizado a partir dos datos obtidos coa devandita torre anemométrica, que deberá incluír tabuladas as medias de velocidades mensuais obtidas durante todo o período de medición.

O solicitante deberá incluír a data inicial e a data final das medicións, indicando os períodos de avarías dos distintos equipos, co fin de deteminar o período de medición. A autenticidade destas datas será comprobada co resto de documentos e datos dispoñibles referidos á torre anemométrica.

A puntuación calcularase do modo seguinte:

Ver referencia pdf "06100D008P054.PDF"

No caso de que, co fin de cumprir o requisito do 50% da potencia do parque, o solicitante inclúa máis dunha torre nun mesmo parque eólico, e as torres se inclúan dentro de distintos períodos demostrados de medición, ratearanse as puntuacións da táboa en función da potencia que se atope a menos de 3 km para cada unha das torres.

A.2. Potencial eólico (máximo: 2 puntos).

Valorarase o potencial eólico do lugar no que se pretende implantar o parque eólico, utilizando para iso o valor das velocidades medias anuais a 80 metros de altura nos puntos nos que implantarán os aeroxeradores, obtidas a partir do Atlas Eólico de España, posto á disposición pública polo Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE).

Os datos de velocidade media anual a 80 metros de altura incluídos neste atlas agruparanse en rangos de amplitude 0,5 m/s (6,0 m/s

Corrección das velocidades incluídas no Atlas Eólico de España

No caso de que o solicitante dispoña dunha torre anemométrica na zona na que se desexa implantar o parque eólico, verificando os requisitos establecidos no punto a.1, e considere que o Atlas Eólico de España non reflicte adecuadamente o potencial eólico da zona, poderá achegar unha proposta de corrección, elaborada a partir dos datos da devandita torre. Para iso, o solicitante deberá incluír unha auditoría técnica relativa a esta torre (medidas, extrapolación de datos, obtención de resultados, …) que acredite o seguimento dos procedementos de medición de datos eólicos e de avaliación do recurso establecidos pola Asociación Internacional Measnet (Measuring Network of Wind Energy Institutes), elaborada por un membro desta asociación ou por outra entidade que conte cun documento emitido por esta asociación no que se avale o seguimento destes procedementos nas medicións e avaliacións eólicas realizadas.

Desta forma, poderán mellorarse, unicamente á alza, os valores de velocidade media anual a 80 metros de altura daqueles puntos correspondentes ás coordenadas nas que se sitúen todos ou algúns dos aeroxeradores que se atopen a menos de 3 km de distancia da torre anemométrica.

No caso de que se propoña esta corrección, no estudo de potencial eólico incluído deberán analizarse polo miúdo os resultados obtidos na campaña de medidas no punto no que se localiza a torre anemométrica, incluíndo unha estimación da velocidade media anual a 80 metros de altura, a longo prazo, nese punto. Ademais, deberá realizarse unha modelización do parque cun software de avaliación eólica (WAsP ou similar) co fin de determinar as velocidades medias anuais a 80 metros de altura nos puntos nos que se desexa realizar a devandita corrección, sendo necesario incluír os resultados tabulados (UTMx, UTMy, velocidade a 80 m en m/s) en papel, así como todos os arquivos informáticos utilizados para realizar este estudo na documentación achegada en formato dixital.

En todo caso, os datos das velocidades resultantes deste estudo para estes aeroxeradores permitirán determinar novas velocidades para calquera dos aeroxeradores de parques, de calquera solicitante, que se sitúen nun círculo de raio de 250 metros cuxo centro se sitúa na posición do aeroxerador cuxa velocidade se corrixiu.

Nos puntos incluídos neste círculo realizarase unha corrección das velocidades estimadas no Atlas Eólico de España, multiplicando a velocidade media anual por un factor correspondente ao cociente entre a nova velocidade media anual a 80 metros obtida polo promotor eólico e a velocidade media anual a 80 metros incluída no dito atlas eólico no punto orixinalmente corrixido. A estes efectos, como velocidade orixinal incluída no atlas eólico utilizarase o valor medio situado entre os límites do rango de velocidades do punto en cuestión.

A puntuación calcularase do modo seguinte:

-En primeiro lugar, a cada aeroxerador do parque asignaráselle unha valoración do potencial eólico en función das coordenadas nas que se atopa (atlas Eólico ou corrección propia ou allea por medicións e estudo de potencial eólico), en escalóns de 0,25 puntos cada 0,5 m/s de velocidade media anual a 80 metros de altura.

Ver referencia pdf "06100D008P054.PDF"

B) Menores afeccións ambientais (máximo: 21 puntos).

B.1. Potencia do aeroxerador (máximo: 2 puntos).

Co fin de minimizar os efectos da implantación dos aeroxeradores sobre o medio, valorarase a potencia unitaria media dos aeroxeradores incluídos no proxecto.

A puntuación calcularase do modo seguinte:

Ver referencia pdf "06100D008P054.PDF"

B.2. Impacto ambiental da subestación de transformación do parque eólico (máximo: 5 puntos).

Valorarase o impacto ambiental das infraestruturas eléctricas de evacuación do parque eólico, centrándose na tecnoloxía da nova subestación de xeración do parque eólico, ou na reutilización dunha subestación xa existente; neste último caso, se o titular da subestación é diferente do solicitante, deberá achegarse un compromiso firme asinado polo primeiro conforme lle permitiría ao segundo a interconexión da totalidade da potencia incluída no proxecto no caso de que o parque eólico chegase a ser seleccionado.

A puntuación calcularase do modo seguinte:

Ver referencia pdf "06100D008P054.PDF"

B.3. Implantación de liñas de interconexión soterradas (máximo: 5 puntos).

Valorarase a implantación de liñas de interconexión soterradas desde a subestación do parque eólico ata o punto de interconexión coa rede eléctrica. Para realizar esta valoración, o solicitante deberá incluír na solicitude a porcentaxe mínima de liñas eléctricas soterradas que implantará, con respecto á distancia total de novas liñas necesarias para a dita interconexión.

A puntuación calcularase a partir da expresión: PLS = [5 W (L%)]/100

PLS: Puntuación por criterio Implantación de liñas de interconexión soterradas.

L%: Representa a porcentaxe de liñas soterradas que o solicitante se compromete a realizar desde a subestación do parque eólico ata o punto de interconexión coa rede eléctrica.

B.4. Impacto ambiental e patrimonial sobre a zona (máximo: 9 puntos).

Serán valorables as medidas tomadas na fase de deseño para minimizar o potencial impacto ambiental dos parques eólicos presentados a concurso, tomándose en consideración aspectos obxectivos e cuantificables:

-A distancia dos aeroxeradores aos lugares incluídos dentro da Rede Galega de Espazos Naturais Protexidos, segundo o establecido no artigo 10 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

-A distancia dos aeroxeradores a Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA) e a distancia ás Áreas Importantes para as Aves (IBA) definidas no Inventario de Áreas Importantes para as Aves 98 publicado pola SEO/BirdLife.

-A afección dos aeroxeradores ás unidades paisaxísticas incluídas no plan de ordenación do litoral.

B.4.1. Distancia dos aeroxeradores a lugares incluídos dentro da Rede Galega de Espazos Protexidos (máximo: 3 puntos).

Para a valoración deste criterio terase en conta a distancia mínima dun aeroxerador do parque ás zonas incluídas dentro da Rede Galega de Espazos Protexidos (RGEP), así como a distancia mínima media dos aeroxeradores a estas zonas:

-Se a distancia entre o aeroxerador máis próximo a calquera espazo incluído dentro da Rede Galega de Espazos Protexidos é igual ou superior a 2.000 m, o valor desta variable (R1) será 1,5 puntos (R1=1,5).

-Se a distancia entre o aeroxerador máis próximo a calquera espazo incluído dentro da Rede Galega de Espazos Protexidos é inferior a 2.000 m, o valor desta variable (R1) calcularase como segue:

Ver referencia pdf "06100D008P054.PDF"

B.4.2. Distancia dos aeroxeradores a ZEPA e IBA (máximo: 3 puntos).

Para a valoración deste criterio terase en conta a distancia mínima dun aeroxerador do parque ás zonas catalogadas como ZEPA e/ou IBA, así como a distancia mínima media dos aeroxeradores a este tipo de zonas:

-Se a distancia entre o aeroxerador máis próximo a calquera zona catalogada como ZEPA e/ou IBA é igual ou superior a 10.000 m, o valor desta variable (Z1) será 1,5 puntos (Z1=1,5).

-Se a distancia entre o aeroxerador máis próximo a calquera ZEPA e/ou IBA é inferior a 10.000 m, o valor desta variable (Z1) calcularase como segue:

Ver referencia pdf "06100D008P054.PDF"

B.4.3. Afección dos aeroxeradores ás unidades paisaxísticas incluídas no Plan de Ordenación do Litoral (máximo: 3 puntos).

Para a valoración deste criterio terase en conta a porcentaxe de aeroxeradores que se atopen dentro dalgunha das unidades paisaxísticas delimitadas polo Plan de Ordenación do Litoral, que actualmente se encontra na fase previa á súa aprobación inicial, de informe aos concellos e entidades afectadas, que se poden consultar no enlace http://www.xunta.es/litoral/

A puntuación deste punto obterase da expresión:

Ver referencia pdf "06100D008P054.PDF"

C) Influencia no desenvolvemento da rede eléctrica de distribución ou transporte (máximo: 3 puntos).

C.1. Cesión da subestación de transformación para distribución (máximo: 3 puntos).

Valorarase a disposición do solicitante para compartir coa empresa distribuidora da zona as instalacións de alta tensión, cedéndolle a liña de alimentación e as súas correspondentes posicións de alta tensión, sempre que sexa factible a súa utilización por parte da empresa distribuidora para instalar, unha transformación AT/MT para subministrar ás redes de MT de distribución da zona. Os custos de instalación da transformación AT/MT serán asumidos pola empresa distribuidora.

A puntuación calcularase co criterio incluído na seguinte táboa:

Ver referencia pdf "06100D008P054.PDF"

D) Compromiso firme e periodificado dun proxecto de desenvolvemento de natureza industrial na Comunidade Autónoma de Galicia (máximo: 55 puntos).

D.1. Desenvolvemento dun plan de natureza industrial (máximo: 55 puntos).

O solicitante poderá presentar unha proposta de desenvolvemento dun plan de natureza industrial na Comunidade Autónoma de Galicia, que deberá presentarse periodificado e valorado economicamente; ademais, deberá incluír o número de postos de traballo directos que se crearán co desenvolvemento deste plan.

Neste plan de natureza industrial poderá incluírse a participación proporcional do solicitante nos plans de tecnólogos eólicos que estean implantados ou teñan previsto implantarse na Comunidade Autónoma de Galicia. Para poder incluír esta valoración económica e de empregos, deberá achegarse a documentación xustificativa dos compromisos dos ditos tecnólogos, así como o acordo entre o solicitante e o correspondente tecnólogo no que se reflictan os compromisos de contratacións adquiridos.

A valoración da proposta do plan de natureza industrial desagregarase en dúas valoracións parciais: valoración dos investimentos en activos fixos tanxibles e valoración dos postos de traballo directos creados.

* Ponderación dos investimentos e empregos directos xerados.

Co fin de priorizar os proxectos de maior interese socioeconómico para a Comunidade Autónoma de Galicia, na valoración dos plans industriais teranse en conta os seguintes factores:

1. Sector industrial no que se desenvolve o plan industrial.

2. Indicador Municipal da Renda dos Fogares (IMRF) do ano 2002 publicado polo Instituto Galego de Estatística (IGE).

3. Variación da poboación do concello no período 2004-2009 segundo os datos do padrón municipal de habitantes.

4. Entidade que realiza a execución do plan industrial.

5. Perdurabilidade dos empregos directos xerados.

6. Fomento do emprego en colectivos específicos desfavorecidos.

7. Período de execución do plan industrial.

Esta valoración dos plans industriais propostos plasmarase nunha serie de coeficientes de aplicación ás súas magnitudes características: investimento en activos fixos tanxibles e número de empregos directos xerados no desenvolvemento do plan industrial.

Concretamente, aos investimentos que se vaian realizar nos proxectos aplicaránselle unha serie de coeficientes en función dos factores anteriores 1, 2, 3, 4 e 7, mentres que, ao número de empregos xerados se lles aplicarán coeficientes en función dos factores anteriores 1, 2, 3, 5, 6 e 7.

Co fin de aplicarlle a cada investimento e empregos os coeficientes correspondentes de forma ponderada, deberán desagregarse como actuacións independentes aquelas que afecten diversos sectores, así como as porcentaxes que afectan cada un dos criterios seguintes, tal e como se solicita no arquivo informático «Parques2010», co fin de calcular de forma exacta a ponderación das diferentes actuacións dos plans industriais.

Os coeficientes que se van aplicar obteranse da seguinte forma.

1. Coeficiente K1. Sector industrial no que se desenvolve o plan industrial.

Valoraranse preferentemente os sectores emerxentes, tendo en conta ademais outras variables económicas asociadas ao sector (contribución ao PIB galego, potencial do sector en Galicia, número de empregos xerados na actualidade, ...).

A valoración deste coeficiente para cada un dos plans industriais presentados será realizada por parte da Comisión de Valoración, atendendo aos mellores plans industrias para a Comunidade Autónoma de Galicia. Este coeficiente atoparase entre 1,0 e 3,0.

Ver referencia pdf "06100D008P054.PDF"

7. Coeficiente K7. Períodos de execución do plan industrial.

Os investimentos económicos que se realizarán en activos fixos tanxibles para o desenvolvemento dos plans industriais, así como os postos de traballo creados neste desenvolvemento, deberán presentarse cunha planificación económica por fases temporais, desagregando os compromisos que se asumen nos seguintes anos naturais desde a data de resolución desta convocatoria.

Co fin de adiantar o impacto socioeconómico das actuacións industriais, os investimentos que se van realizar (en euros/MW) e o emprego que se vai crear (empregos/MW) serán obxecto dunha ponderación resultante do ano no que o titular se compromete á execución destas medidas. A ponderación basearase nos seguintes coeficientes.

Ver referencia pdf "06100D008P054.PDF"

Estes coeficientes temporais aplicaranse sobre cada investimento e emprego por MW anual que corresponda, sumando as contías resultantes para obter os investimentos e empregos por MW que se utilizarán nos pasos seguintes.

Aplicación dos coeficientes de ponderación K1...K7

Logo da definición dos coeficientes de ponderación anteriores, o investimento en activos fixos ponderado para cada proxecto calcularase relacionando os sumatorios extendidos a todas as actuacións incluídas no plan industrial aplicándolle os coeficientes K1, K2, K3, K4 e K7, de forma proporcionada, nos casos en que corresponda.

Pola súa banda, o número de empregos xerados ponderados para cada proxecto calcularase realizando os sumatorios extendidos a todas as actuacións incluídas no plan industrial, aplicándolle secuencialmente os coeficientes K1, K2, K3, K5, K6 e K7, de forma proporcionada, nos casos en que corresponda.

Logo de aplicar os coeficientes correspondentes aos investimentos e número de empregos por MW solicitado, os datos resultantes utilizaranse para obter as valoracións nestes criterios, utilizando os procedementos que se describen a continuación.

D.1.1. Desenvolvemento de Plan de Natureza Industrial: investimentos en activos fixos tanxibles (máximo: 28 puntos).

Valorarase a presentación e compromiso de execución dun plan de natureza industrial que vai ser desenvolto polo solicitante nos próximos anos, que estará asociado aos parques eólicos seleccionados. Os investimentos computados serán aqueles dedicados á adquisición e instalación de activos fixos tanxibles, que deberán permanecer en propiedade da empresa que realiza os ditos investimentos durante, polo menos, dez anos ou a vida útil do elemento no caso de que sexa menor.

(Os investimentos ponderaranse en función dos coeficientes K1, K2, K3, K4 e K7 correspondentes, tal e como se definiron anteriormente).

Ver referencia pdf "06100D008P054.PDF"

D.1.2. Desenvolvemento de Plan de Natureza Industrial: empregos directos xerados (máximo: 27 puntos).

Valorarase o volume de empregos directos xerados no desenvolvemento do Plan de Natureza Industrial presentado polo solicitante, asociado aos parques seleccionados.

Os empregos a xerar no desenvolvemento dos plans industriais deberá presentarse cunha planificación económica por fases temporais, desagregando os compromisos de xeración de emprego que se asumen nos seguintes anos naturais desde a data de resolución desta convocatoria.

(O número de empregos ponderarase en función dos coeficientes K1, K2, K3, K5, K6 e K7 correspondentes tal e como se definiron anteriormente).

Ver referencia pdf "06100D008P054.PDF"

E) Presentación de plan de restauración en fase de obra e desmantelamento (máximo: 2 puntos).

E.1. Plan de restauración en fase de obra e desmantelamento (máximo: 2 puntos).

Valorarase a presentación dun plan de restauración en fase de obra e desmantelamento para o parque eólico proxectado, que deberá incluír, como mínimo, a seguinte información:

I. Descrición dos principais factores e condicionantes ambientais.

II. Definición das actuacións previstas para a recuperación dos espazos afectados durante as diferentes fases do proxecto.

III. Cronograma.

IV. Orzamento de execución material e execución por contrata.

A puntuación calcularase co criterio incluído na seguinte táboa:

Ver referencia pdf "06100D008P054.PDF"

F) Compromiso firme de repotenciación de parques eólicos xa existentes que supoña a redución do número de aeroxeradores instalados neles (máximo: 3 puntos).

F.1. Diminución do número de aeroxeradores (máximo: 3 puntos).

Valoraranse os proxectos de repotenciación daqueles parques eólicos que se atopen en explotación, instalados en Galicia, cuxa tramitación e autorización corresponda á Comunidade Autónoma de Galicia en virtude do réxime competencial establecido no artigo 27.13º do seu Estatuto de autonomía, sempre e cando non cumpran as condicións recollidas na disposición transitoria sétima do Real decreto 661/2007, do 25 de maio, polo que se regula a actividade de produción de enerxía eléctrica en réxime especial.

A puntuación, limitada a 3 puntos, calcularase tendo en conta a diminución do número de aeroxeradores da situación final fronte á situación inicial a partir da expresión:

Ver referencia pdf "06100D008P054.PDF"

G) Outros factores (máximo: 13 puntos).

G.1. Investimentos nos concellos afectados (máximo: 2 puntos).

Valoraranse os investimentos económicos realizados en proxectos nos concellos nos cales se atopan os parques eólicos. Os ditos proxectos determinaranse en colaboración cos concellos correspondentes.

A valoración dos compromisos económicos formulados polo solicitante do parque realizarase como se describe nos seguintes parágrafos.

O Acordo do Consello de Ministros do 13 de novembro de 2009, polo que se procede á ordenación dos proxectos ou instalacións presentados ao rexistro administrativo de preasignación de retribución para as instalacións de produción de enerxía eléctrica, previsto no Real decreto lei 6/2009, do 30 de abril, polo que se adoptan determinadas medidas no sector enerxético e se aproba o bono social, provocou unha incerteza no prezo de venda da electricidade xerada a partir dos parques eólicos que se seleccionen nesta convocatoria; por este motivo, para a proposta correspondente ao investimento económico a realizar neste tipo de proxectos, establécense tres posibles escenarios de prezos de venda para os parques eólicos:

1) Pr M 80 €/MWh.

2) 60 m Pr < 80 €/MWh.

3) Pr < 60 €/MWh.

Pr representa o prezo de venda medio anual final da enerxía xerada para cada parque eólico (incluíndo todos os complementos aplicables, é dicir, a relación entre a facturación e a produción neta), dato que será calculado a ano vencido desde a posta en marcha desta instalación.

Neste sentido, os compromisos dos investimentos económicos nos concellos deberán presentarse como tres propostas de porcentaxes de facturación (que poden ser diferentes), en función do prezo de venda medio anual da electricidade para cada parque eólico, en función do prezo de venda da electricidade medio que tivese o parque eólico en cada ano natural. A valoración correspondente a esta fase ponderarase coas propostas presentadas cos factores seguintes, segundo o escenario de prezo de venda:

Ver referencia pdf "06100D008P054.PDF"

Para cada ano natural vencido desde a posta en marcha do parque, analizarase o escenario de prezo de venda medio no que se atopa, abríndose un prazo dun ano para executar os investimentos correspondentes aos compromisos do ano anterior.

G.2. Investimentos en plans enerxéticos da Xunta de Galicia (máximo: 4 puntos).

Valoraranse as achegas económicas para o desenvolvemento de plans enerxéticos da Xunta de Galicia. Estes plans serán definidos pola Dirección Xeral competente en materia de enerxía, en colaboración co Instituto Enerxético de Galicia, co fin de contribuír ao fomento das fontes de enerxías renovables e ao aforro e á eficiencia enerxética (proxectos enerxéticos de especial interese para Galicia, liñas de axudas para instalacións enerxéticas, fomento da I+D en materia de enerxía,...).

O cálculo das achegas económicas comprometidas polo promotor do parque para o desenvolvemento destas actuacións realizarase como se describe nos seguintes parágrafos.

Polas razóns expostas no criterio G.1., os compromisos de achegas económicas para este tipo de plans deberán presentarse como tres propostas de porcentaxes de facturación (que poden ser diferentes), en función do prezo de venda medio anual da electricidade para cada parque eólico, e que deberán ser as contías achegadas para o desenvolvemento dos plans enerxéticos da Xunta de Galicia, en función do prezo de venda da electricidade medio que tivese o parque eólico en cada ano natural. A valoración correspondente a esta fase ponderarase coas propostas presentadas cos factores seguintes, segundo o escenario de prezo de venda:

Ver referencia pdf "06100D008P054.PDF"

ANEXO VI

Ver referencia pdf "06100D008P054.PDF"