DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 29 de marzo de 2010 Páx. 4.449

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2010, da Dirección Xeral de Montes, pola que se require a mellora das solicitudes presentadas polos interesados ao abeiro da Orde do 28 de decembro de 2009 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2010 as axudas para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural.

O artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, establece que se a solicitude de iniciación dun expediente non reúne os requisitos que sinala o artigo anterior e os exixidos, se é o caso, pola lexislación específica aplicable, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou acompañe os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se terá por desistido da súa petición, logo da resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42.

O artigo 10.1º da Orde do 28 de decembro de 2009 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2010 as axudas para o fomento da silvicultura en bosques no medio rural (Diario Oficial de Galicia do 5 de xaneiro), prevé que, unha vez presentada a solicitude, se revisará a súa documentación e, no caso de que conteña defectos ou omisións, o requirimento de erros da solicitude, por tratarse dun acto integrante dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido nos artigos 59.6º b), 60 e 61 da indicada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, farase mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. Esta publicación tamén se realizará no taboleiro de anuncios e na páxina web da Consellería do Medio Rural, á cal se remitirá o texto publicado no Diario Oficial de Galicia.

En consecuencia,

RESOLVO:

Requirir os solicitantes que figuran no anexo desta resolución para que nun prazo de dez días hábiles emenden a falta o acheguen os documentos que se especifican no dito anexo.

No caso de que non o fixeren así, teranse por desistidos da súa solicitude, logo da resolución que se dite para o efecto.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2010.

Tomás Fernández-Couto Juanas

Director xeral de Montes

Ver referencia pdf "05900D005P025.PDF"