DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 29 de marzo de 2010 Páx. 4.432

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2010, da Dirección Xeral de Promoción do Emprego, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases que regulan, para o exercicio do ano 2009, as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación, no ámbito de colaboración coas entidades locais e cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro, e se procede á súa convocatoria (Diario Oficial de Galicia número 7, do 12 de xaneiro de 2009)-programas de cooperación con entidades locais: subvencións para a contratación de traballadores e traballadoras desempregados/as para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social.

O artigo 4.11º da orde reguladora dispón que as resolucións de concesión serán obxecto de publicación segundo o establecido no artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

En consecuencia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo ás aplicacións orzamentarias 16.02.322A.460.0 e 16.02.322A.460.1, para a contratación de traballadores e traballadoras desempregados/as para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social en colaboración coas entidades locais (procedemento TR351A), ao abeiro da Orde do 29 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases que regulan, para o exercicio do ano 2009, as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación, no ámbito de colaboración coas entidades locais e cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro, e se procede á súa convocatoria (Diario Oficial de Galicia número 7, do 12 de xaneiro de 2009).

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2010.

Andrés Hermida Trastoy

Director xeral de Promoción do Emprego

Ver referencia pdf "05900D003P008.PDF"