DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Luns, 29 de marzo de 2010 Páx. 4.430

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

ORDE do 23 de marzo de 2010 pola que se designa o órgano estatístico sectorial.

O Decreto 24/2008, do 21 de febreiro, regula os órganos estatísticos sectoriais da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e o procedemento para a súa designación. No punto 1º do seu artigo 2 establece que este órgano está integrado por unha ou varias unidades administrativas que se designarán por resolución da persoa titular do departamento no que se integre organicamente.

De conformidade co establecido nos artigos 1, 2, 3 e 7 do Decreto 24/2008, do 21 de febreiro,

DISPOÑO:

Primeiro.-Designar o órgano estatístico sectorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas que se integrará pola unidade administrativa cuxos datos a seguir se especifican:

a) Posto de traballo: Vicesecretaría Xeral, dependente da Secretaría Xeral.

b) Coordinador ou coordinadora: a funcionaria ou funcionario titular do posto de traballo que se designa.

c) Localización física: dependencias da Secretaría Xeral, edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela.

Segundo.-Para os efectos do rexistro a que se refire o artigo 3 da norma, a Secretaría Xeral comunicará ao Instituto Galego de Estatística os datos relativos á identidade da persoa que, en cada momento, ocupe o posto de traballo que se identifica no punto primeiro, que se nomeará seguindo os procedementos de provisión establecidos na normativa vixente en materia de función pública.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2010.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio

e Infraestruturas