DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 16 de marzo de 2010 Páx. 3.483

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

TRIBUNAL CONSTITUCIONAL

CONFLITO positivo de competencia (974-2010).

O Pleno do Tribunal Constitucional, por providencia do 18 de febreiro actual, admitiu a trámite o conflito positivo de competencia número 974-2010, promovido pola Xunta de Galicia, en relación coa Resolución do 22 de setembro de 2009, do Servizo Público de Emprego Estatal, pola que se convoca a concesión de subvencións para a realización de programas específicos de formación e inserción laboral a prol dos mozos e mozas desempregados/as en situación ou con risco de exclusión social, e de conformidade co disposto no artigo 10.2º da Lei orgánica do Tribunal Constitucional na redacción dada pola Lei orgánica 6/2007, do 24 de maio, atribuír á Sala Segunda, á cal por quenda obxectiva lle correspondeu, o coñecemento deste conflito.

Madrid, dezaoito de febreiro de dous mil dez.

Herminia Palencia Guerra

Secretaria de Xustiza do Pleno