DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 16 de marzo de 2010 Páx. 3.483

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

TRIBUNAL CONSTITUCIONAL

CONFLITO positivo de competencia (10801-2009).

O Pleno do Tribunal Constitucional, por providencia do 18 de febreiro actual, admitiu a trámite o conflito positivo de competencia número 10801-2009, promovido pola Xunta de Galicia, en relación coa Resolución do 31 de agosto de 2009, da Dirección Xeral de Medio Natural e Política Forestal, pola que se convoca a concesión de axudas a entidades e organizacións non gobernamentais de ámbito estatal para a realización de actividades privadas relacionadas cos principios inspiradores da Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade, e coas finalidades da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, e de conformidade co disposto no artigo 10.2º da Lei orgánica do Tribunal Constitucional na redacción dada pola Lei orgánica 6/2007, do 24 de maio, atribuír á Sala Segunda, á cal por quenda obxectiva lle correspondeu, o coñecemento deste conflito.

Madrid, dezaoito de febreiro de dous mil dez.

Herminia Palencia Guerra

Secretaria de Xustiza do Pleno