O Pleno do Tribunal Constitucional, por providencia do 18 de febreiro actual, admitiu a trámite o conflito positivo de competencia número 10694-2009, promovido pola Xunta de Galicia, en relación coa Resolución do 16 de xullo de 2009, da Dirección Xeral de Integración dos Inmigrantes, pola que se convoca a concesión de subvencións a municipios, mancomunidades de municipios e comarcas para o desenvolvemento de programas innovadores a prol da integración de inmigrantes, e de conformidade co disposto no artigo 10.2º da Lei orgánica do Tribunal Constitucional na redacción dada pola Lei orgánica 6/2007, do 24 de maio, atribuír á Sala Segunda, á cal por quenda obxectiva lle correspondeu, o coñecemento deste conflito.
Madrid, dezaoito de febreiro de dous mil dez.
Herminia Palencia Guerra
Secretaria de Xustiza do Pleno