DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 11 de marzo de 2010 Páx. 3.259

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 2 de novembro de 2009, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 2010, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 227, do 19 de novembro de 2009, é necesario facer a seguinte corrección:

-No anexo II, provincia de Lugo, na páxina 18.019, onde di: «48. Portomarín: 30 de xuño, San Pedro; 6 de setembro, Luns das Festas do Cristo da Victoria», debe dicir: «48. Portomarín: 29 de xuño, San Pedro; 6 de setembro, Luns das Festas do Cristo da Victoria».