DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 10 de marzo de 2010 Páx. 3.146

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

EMPRESA PÚBLICA DE OBRAS E SERVIZOS HIDRÁULICOS

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2010 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este ente público no terceiro cuadrimestre do ano 2009.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xuño) establece que as entidades públicas vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, deberán publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación cos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación dos convenios subscritos pola Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos durante o terceiro cuadrimestre do ano 2009, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2010.

Ethel Mª Vázquez Mourelle

Presidenta da Empresa Pública de Obras

e Servizos Hidráulicos

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos durante o terceiro cuadrimestre do ano 2009:

-Convenio de liquidación do convenio de colaboración entre a Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, o Instituto Galego de Vivenda e Solo e o Concello de Begonte para remate das obras de «Proxecto de subministración e estación de tratamento de auga potable do parque de reserva empresarial no Concello de Begonte», de clave OH.227.442.

-2ª Addenda ao convenio de colaboración que se subscribirá entre a Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, o Concello de Taboadela, o Concello de Allariz e o Instituto Galego de Vivenda e Solo para a execución das obras de mellora do abastecemento de auga potable á mancomunidade de Allariz-Taboadela (Ourense), de clave OH.232.554.

-Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, o Instituto para a Promoción e o Equipamento do Solo Industrial da Provincia de Pontevedra, Ipespo, o Concello de Barro e o Concello de Portas para a execución das obras de abastecemento ao polígono industrial de Barro-Meis, de clave OH.236.878.

-Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, a Consellería de Economía e Industria e o Concello de Cerceda para a execución e financiamento da EDAR industrial de Cerceda, de clave OH.315.932.

-Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos e os concellos de Boiro, Porto do Son e Gondomar para a execución de determinadas obras previstas no «Plan de actuacións para a eliminación de verteduras nas rías galegas».