DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 10 de marzo de 2010 Páx. 3.145

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2010, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón o rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da comisión negociadora do convenio colectivo de axuda a domicilio de Galicia.

Visto o texto sobre o pagamento dos atrasos correspondentes aos anos 2008-2009, subscrito pola comisión negociadora do convenio colectivo de axuda a domicilio de Galicia, na reunión celebrada en Santiago de Compostela o 3 de novembro de 2009, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e o Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordear a inscrición do referido convenio colectivo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral, con notificación á comisión negociadora.

Segundo.-Remitir o texto orixinal ao correspondente servizo deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2010.

Odilo Martiñá Rodríguez

Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Acta de xuntanza do sector de axuda a domicilio na Comunidade Autónoma de Galicia

En Santiago de Compostela, sendo as 14.00 horas do día 3 de novembro de 2009, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, sito na rúa Algalia de Abaixo, 24-baixo, reúnense representantes empresariais e sindicais, para abordar o pagamento dos atrasos correspondentes aos anos 2008-2009 no sector de axuda a domicilio de Galicia, asistindo as persoas a continuación sinaladas

-Representación empresarial:

Luís Suárez Filgueiras (AESSADG).

Carmen González-Rosón Flores (AESSADG).

José Félix Valderrey de la Huerga (AESSADG).

Mónica Valiño Suárez (AESSADG).

-Representación sindical:

Javier Martínez Fente (FSP-UGT).

Eliseo Rivas Pernas (FSP-UGT).

María Belén Muñiz Caamaño (FSP-UGT-asesora).

Manuel Vilaboy Ramil (FeS-UGT).

Dorinda Maceiras Sánchez (CC.OO.).

Ana María Cáceres González (CC.OO.).

María del Mar Castro Cristobo (CC.OO.).

José Manuel Crespo García (CC.OO.).

Cristina Martínez Ces (CIG).

Pedro Pérez Caride (CIG).

Asiste á xuntanza Demetrio Fernández López, presidente do Consello Galego de Relacións Laborais.

Logo das oportunas deliberacións e debate, acordan:

O pagamento dos atrasos pendentes dos anos 2008/2009 farase efectivo como máximo en dous prazos.

1º O 50% dos atrasos destes dous anos, coincidindo co pagamento da nómina de xaneiro de 2010.

2º O 50% restante dos atrasos destes dous anos, coincidindo co pagamento da nómina de xaneiro de 2011.

Xúntase cadro coas cantidades como anexo á esta acta.

E non tendo máis asuntos que tratar, levántase a reunión sendo as 14.05 horas do día da data e esténdese para o seu efecto a esta acta, que asinan por cuadruplicado exemplar todos os asistentes en presenza do presidente do Consello Galego de Relacións Laborais.

Ver referencia pdf "04700D006P030.PDF"