DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 10 de marzo de 2010 Páx. 3.145

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 8 de febreiro de 2010 pola que se autoriza o cambio de denominación do colexio de educación infantil e primaria do Graxal II de Cambre.

De conformidade co establecido no artigo 8.1º do Regulamento das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, aprobado por Decreto 374/1996, do 17 de outubro, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, esta consellería

DISPÓN:

Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:

Provincia: A Coruña.

Concello: Cambre.

Código: 15032426.

Denominación anterior: colexio de educación infantil e primaria do Graxal II.

Nova denominación: colexio de educación infantil e primaria Graxal.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2010.

Jesús Vázquez Abad

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria