Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 30 de outubro de 2009 (publicado no BOE do 5 de xaneiro de 2010 por Resolución do secretario de Estado de Universidades do 13 de novembro de 2009).
Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2008, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de graduado/a en Enfermaría, que quedará estruturado segundo consta no anexo.
Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2010.
Senén Barro Ameneiro
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
Ver referencia pdf "04600D009P019.PDF"